Un ferido en Carballo logo de caer por un terraplés co tractor que conducía

Tras chegar ao momento, os servizos de emerxencia confirmaron que non foi necesario o uso de material de excarceración para liberar ao ferido, que foi evacuado polos servizos sanitarios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/03/2019 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Un home resultou ferido o concello coruñés de Carballo tras caer co tractor que manexaba por un terraplén nunha leira da súa propiedade situada na Vixoteira, Rús.

Tal como informou o 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron constancia dos feitos ao redor das 16,30 horas deste sábado, cando un particular alertaba do ocorrido, e indicaba que un home estaba baixo unha máquina agrícola, "pero que tiña mobilidade".

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) avisou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Carballo, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Tras chegar ao momento, os servizos de emerxencia confirmaron que non foi necesario o uso de material de excarceración para liberar ao ferido, que foi evacuado polos servizos sanitarios.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta