A vida dos autónomos, os cidadáns de segunda que manteñen as estruturas económicas dun país
A autónoma viguesa Graciela Martínez Fernández é cofundadora da asociación AUPA (Autónomos Unidos Para Actuar) a nivel nacional, e a súa coordinadora a nivel galego. Un grupo que xa suma a máis de 42.000 persoas. Nesta entrevista denuncia as dificultades que teñen os autónomos para poder chegar a fin de mes.