Convocadas as bolsas da Deputación da Coruña para investigación e perfeccionamento de estudos artísticos

O prazo para participar na convocatoria está aberto ata o próximo 5 de abril para presentar os proxectos de investigación.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/03/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A área de Cultura da Deputación da Coruña convoca 20 bolsas para investigación en distintos ámbitos e outras 20 para o perfeccionamento de estudos artísticos nun programa de apoio á formación, dotado con 340.000 euros.

Segundo informa o organismo provincial, tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), as bolsas vinculadas á área de investigación inclúen especialidades de recente creación como de xénero, planificación sociolingüística da lingua galega e políticas culturais.

O prazo para participar na convocatoria está aberto ata o próximo 5 de abril para presentar os proxectos de investigación dentro dalgunha do oito áreas do coñecemento desta nova edición e tamén para as demais bolsas.

Pleno da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Pleno da Deputación da Coruña. DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta