Eva Solla asegura que non recibiu queixas de emigrantes retornados pola súa viaxe a Venezuela

A deputada de En Marea e coordinadora nacional de Esquerda Unida participou na Asemblea Internacional dos Pobos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea e coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, asegurou que non recibiu "queixas" por parte dos colectivos de emigrantes galegos retornados pola súa viaxe a Venezuela, onde a vicepresidenta segunda do Parlamento de Galicia participou na Asemblea Internacional dos Pobos.

A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla
A deputada de En Marea e membro de EU Eva Solla

Cuestionada sobre a súa visita ao país latinoamericano, Solla afirmou que a súa viaxe foi "moi produtiva" e que a cita, na que participaron representantes de organizacións e colectivos de 85 países, serviu para "protestar contra os ataques do imperialismo".

Neste sentido, a parlamentaria censurou o "bloqueo económico" a Venezuela por parte de Estados Unidos e afirma que ese "afogamento" ao país "tamén impide" que os emigrantes galegos retornados "podan percibir as prestacións de forma correcta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

está moi espabilada a futura candidata da cúpula comunista en Galicia... non sabemos se a súa compañeira Vanessa Angustia (Senadora por Pontevedra) tamén foi a Caracas a dar fe da limpeza electoral da ANC e do proceso presidencial do presidente Maduro ? Ao mellor se ámbalas dúas quedaran a vivir en Venezuela aforrábamos unha chea de cartos que podían axudar ao "retornados" (claro que tamén hai unha chea de "retornados" que veñen cheos de cartos en bit-coins e están a mercar pisos de luxo en Vigo coma se os regalaran!) Santa Comunista a 96.000 €uros !!!