Filólogos únense para favorecer a investigación lingüística

Trátase da iniciativa "Que andamos tramando?".

Por Galicia Confidencial | | 04/03/2019 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

Fortalecer vínculos e explorar vías de cooperación entre o persoal investigador en lingüística da Facultade de Filoloxía é a finalidade da acción ‘Que andamos tramando?’, unha iniciativa de docentes do centro que comezou estes días.

Participantes na iniciativa 'Que andamos tramando?' da Facultade de Filoloxía da USC
Participantes na iniciativa 'Que andamos tramando?' da Facultade de Filoloxía da USC

Segundoa punta a USC, a actividade consiste en dúas presentacións informais nas que un investigadora predoutoral e unha doutora comentan aspectos das súas investigacións en curso, dando pé a un coloquio posterior coas persoas asistentes. Neste primeiro encontro participaron o investigador predoutoral Vítor Míguez Rego, que presentou aspectos da súa tese sobre a modalidade en galego, e María José Rodríguez Espiñeira, que falou sobre os denominados dativos de solidariedade no castelán de Galicia, en galego e noutras linguas.

‘Que andamos tramando?’ xurdiu como unha idea de Francisco Dubert, María José Rodríguez, Xulio Sousa e Victoria Vázquez de facilitar a interacción e colaboración entre o persoal investigador do centro, que traballa sobre un amplo abano de linguas coma o galego, o portugués, o español, o latín, o grego, o indoeuropeo, o inglés, o francés, o alemán, o italiano, o catalán ou o romanés.

Os encontros realizaranse cunha periodicidade bimensual, de modo que o próximo se celebrará a finais do mes de abril. A participación, quer como asistentes, quer como poñentes, está aberta a profesorado e persoal investigador da Facultade de Filoloxía e tamén facultades que están a desenvolver a súa investigación no ámbito da lingüística.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta