Febreiro, un mes malo para as empresas

A creación de novas empresas caeu un 2,5%, a liquidación de sociedades baixou un 10,5% e triplicaronse as compañías en concurso de acredores.

Por E.P. | Compostela | 05/03/2019 | Actualizada ás 13:15

Comparte esta noticia

Un total de 384 empresas constituíronse en Galicia en febreiro, o que supón 10 menos que no mesmo mes dun ano antes (-2,5%), segundo os datos que publica este martes o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Case todas as empresas constituídas en febreiro en Galicia fixérono como sociedades de responsabilidade limitada (380). O capital medio subscrito por este tipo foi de 54.235 euros por empresa. O 23,7% pertencen ao ramo do comercio, seguido de construción (16,1%) e hostalaría (10,4%).

A maior parte dos socios foron homes (o 74,5%). Así mesmo, o 73% das empresas foron constituídas por un único socio, mentres pola modalidade de dous socios optaron o 22%. A Coruña (o 44,79%) e Pontevedra (36,72%) seguen como as provincias nas que se crean máis empresas en Galicia. A distancia delas están Ourense (9,64%) e Lugo (8,85%).

DISOLUCIÓNS

Pola súa banda, a disolución de empresas baixou un 10,5% neste mes en comparación con febreiro de 2018, ata un total de 195. Se a comparativa faise con xaneiro son 53 menos. Febreiro pechou con 32 compañías afectadas por concurso de acredores, de forma que os concursos triplícanse respecto de hai un ano (había 11 por aquel entón).

Neste mes ampliaron capital social 152 sociedades mercantís. O capital ampliado por estas sociedades ascendeu a 63,66 millóns de euros. En cambio, 37 empresas reduciron capital, mentres houbo cinco procesos de fusión e tres de escisión.

Empresas galegas promoven un proxecto de xestión forestal con uso de drones. OCTO - Arquivo
Empresas galegas promoven un proxecto de xestión forestal con uso de drones. OCTO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta