Máis de 80.000 empregados galegos queren traballar máis horas pero non atopan onde facelo

A porcentaxe diminui en 3.700 persoas nun ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Máis de 80.000 empregados galegos (o 7,6% do total) traballan menos do que computa unha xornada e quererían traballar máis horas, pero non atopan onde facelo, segundo un estudo de Adecco.

Con todo, esta taxa está entre as máis baixas do país, que encabeza Valencia (o 12% dos seus traballadores nesta situación), mentres Baleares está á cola (3,9%). Galicia está por baixo da media estatal (9,4%).

Esta porcentaxe diminuíu no último ano 0,5 puntos porcentuais en Galicia, de forma que son 3.700 persoas menos nesta situación.

Actualmente, o número de ocupados en España é de 19,6 millóns de ocupados, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA), que elabora o Instituto Nacional de Estatística. Deles, un 14,6% está contratado a tempo parcial, 0,4 puntos porcentuais interanuais.

Na actualidade, son 1,8 millóns de persoas as que están nesta situación, cunha redución de 799.000 persoas en cinco anos. Por tanto, na actualidade atópanse nesta situación un 9,4% do total de ocupados (0,7 puntos porcentuais e 82.800 persoas menos) e é o seu nivel máis baixo do últimos dez anos (desde marzo de 2009).

Traballador
Traballador | Fonte: XUNTA DE ANDALUCÍA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta