O temporal deixa 207 incidencias, sobre todo en estradas

Os lugares máis afectados foron Vigo e Nigran.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/03/2019 | Actualizada ás 10:03

Comparte esta noticia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistrou, entre as 13,00 horas do martes e as 7,00 horas deste mércores, un total de 207 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa que a afecta á Comunidade galega, aínda que ningunha revestiu gravidade.

Por provincias, a da Coruña foi a máis afectada, con 104 incidencias rexistradas; seguiulle Pontevedra, con 84; Lugo, con 11, e por último, a provincia de Ourense, con 8 contabilizadas.

A tipoloxía máis repetida foi a incidencia nas estradas provocada pola caída de árbores e ramas (84) e tamén obstáculos de pedra e terra nas vías de circulación (25), así como bolsas de auga nas estradas (13).

VIGO E NIGRÁN, MUNICIPIOS MÁIS AFECTADOS

En canto aos concellos, onde máis se deixou notar o temporal foi na área de Vigo, con 27 incidencias, e o de Nigrán, con 11. Por outra banda, A Estrada e Ames sumaron respectivamente 10 incidencias, Pontevedra 8, Santiago de Compostela 6 e Poio e Redondela 4 en cada municipio.

As árbores, ramas e bolsas de auga rexistrados sucederon sobre todo en vías secundarias e fóronse solucionando a medida que foron interviñan os servizos de emerxencias.

No entanto, o 112 destaca as incidencias reiteradas no sur da provincia de Pontevedra, con especial fincapé no municipio de Nigrán, debido a unha casa á que o vento provocou danos importantes no tellado. Isto ocasionou a filtración da auga de choiva.

En xeral, tratouse dun intervalo de tempo caracterizada polas incidencias habituais producidas por unha borrasca que trouxo vento na costa e en terra, así como choivas fortes que ocasionaron a anulación de boa parte dos desfiles de Entroido, así como as actividades previstas ao aire libre.

Temporal en Vigo
Temporal en Vigo | Fonte: Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta