Nin quedos, nin calados

Pintan bastos para a Sanidade Pública en Galicia...Coa chegada ó goberno da Xunta do Sr. Feijoo e a Sra. Farjas, comezan os ataques furibundos en contra da Sanidade Pública, repetindo como nunha letanía que é insostible e que coa crise fai falla facer importantes recortes nas prestacións, nos servizos e tamén no persoal do Sergas. Dito e feito:

Por Xosé Miguel López | Ferrol | 30/10/2011

Comparte esta noticia

Paralizan o Plano de Mellora na Atención Primaria que, ademais de reducir as listas de espera ó ter unha atención primaria máis resolutiva e máis coordinada cos hospitais, ía crear centos de postos de traballo, moitos deles na Área Sanitaria de Ferrol.

Paralizan o Plan Galego de Saúde Mental e Drogodependencia e aproban un decreto de transporte sanitario que deixa as portas abertas para que os doentes que acoden a recibir tratamentos de diálise, rehabilitación, quimioterapia, etc, teñan que pagar ese transporte. Nese decreto desaparece a obriga do Sergas de facerse cargo do mesmo.

Suspenden o Acordo Retributivo, que melloraba os salarios do persoal do Sergas e que fora asinado por un Goberno e os representantes do persoal. Un feito gravísimo.

Agora aproban na Lei de Acompañamento dos Orzamentos un  endurecemento das condicións de asistencia sanitaria pública ós inmigrantes. Van cobrar 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria a partir de xaneiro e seguramente logo virá o de 1 euro por receita.

Por vez primeira, desde que a Sanidade está transferida a Galicia diminúen os orzamentos destinados á Sanidade, tanto no 2011 como nos anunciados do 2012 ( No 2012 aumenta a partida para os Hospitais Concertados).

Se privatiza a construción e a xestión do novo Hospital de Vigo, reducindo o número de camas e os servizos cos que ía contar no anterior proxecto, e triplicando o seu custo de 450 millóns de euros para a 1400 millóns.
Este mesmo sistema se pretende aplicar no novo Hospital de Pontevedra e a moitos novos centros de saúde. Privatizar a construción e a xestión encarecendo o custo.
En Ferrol suspenderon o investimento de 63 millóns de euros que estaban comprometidos para a mellora do Hospital Naval en tres anos,  Deixan a Área Sanitaria fora do Plan de Alta Tecnoloxía  e dos novos centros de saúde que se ían construír en Ares, A Capela, Cedeira e Narón, non temos noticias.
Por cada 9 euros que se dedican á Sanidade Pública na Unión Europea en Galicia se dedican 6 euros e, aínda así, temos unha Sanidade Pública equiparable á de calquera país da UE. Por suposto que se debe mellorar a xestión, a mala xestión do Sr. Feijoo e a Sra Farjas, pero o sistema é sostible.

Quen acaba de despilfarrar millóns de euros en socorrer ós bancos e ás Caixas para que os seus directivos cobren millóns de euros de indemnizacións, dinnos que a Sanidade Pública é insostible? É ofensivo e insultante que se nos diga iso.

Fronte a esta situación non podemos ficar nin quedos nin calados e temos que saír á rúa en defensa da Sanidade Pública, contra a privatización e o copagamento.

Se non nos mobilizamos agora , despois será tarde e sucederá o mesmo que en Madrid, Valencia e Catalunya, con peches de centros sanitarios e despedimentos de persoal.

O que está a pasar en Catalunya, é un ensaio xeral do que vai pasar en todo o Estado Español despois do 20 N. Ata o de agora parecía que había liñas vermellas que ninguén se atrevía atravesar, o exemplo de Catalunya demostra que non é así.
E certo que hai resposta popular contra os recortes o Goberno de Artur Mas, pero non é suficiente.

Temos que mobilizarnos xa e cada vez máis, senón despois.........

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Últimas de Xosé Miguel López
Xosé Miguel López Xose Miguel López Pérez é portavoz da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ferrol e Presidente da Asociación Veciñal de Esteiro(Ferrol)