A Xunta axudas de 175 a 225 euros mensuais a todas as vítimas de violencia de xénero para aluguer de vivenda

Ata agora, o acceso a esta axuda (con 80 beneficiarias desde 2016) estaba condicionado a que pasase por un centro de acollida.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/03/2019 | Actualizada ás 14:17

Comparte esta noticia

A Xunta dará entre 175 e 225 euros mensuais a todas as vítimas de violencia de xénero para aluguer de vivenda. A primeira das contías correspóndese co rural, mentres que o segundo é para o sete cidades e ao resto de vilas tócanlle 200 euros.

Ata agora, o acceso a esta axuda, compatible coas subvencións periódicas que convoca a Administración autonómica para vítimas de violencia de xénero, estaba condicionado a que a muller pasase por un centro de acollida. Houbo 80 beneficiarias desde 2016.

O acordo, asinado este mércores polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, dá desenvolvemento ao pacto de estado contra a violencia de xénero. O director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, comprometeu a simplificación ao "máximo" da tramitación das axudas e a axilización da súa resolución.

As solicitudes, segundo dixo, analízanse "dunha semana para outra" e logo o ente público dáse un prazo de dous meses para localizar a vivenda e asinar o contrato de aluguer. Ademais, o bono incorpora unha axuda inicial de 600 euros para os gastos de alta en subministracións e demais.

Para acceder a este apoio económico, o demandante non deberá superar 1,5 veces o IPREM, o que, en función das cargas da unidade familiar, sitúa o tope de ingresos na contorna dos 18.000 ou 20.000 euros. Tamén deberá acreditar a situación de sufrir violencia de xénero durante os últimos 12 meses, mediante, indicou García, "sentenza ou denuncia".

Vivendas de aluguer
Vivendas de aluguer

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta