O Concello da Coruña avalía alugar o MAC como unha das "hipóteses" para garantir a súa continuidade

O concelleiro José Manuel Sande declara que "non creo que teña sentido un aluguer temporal, para iso buscariamos outro emprazamento",

Por E.P. | A CORUÑA | 06/03/2019 | Actualizada ás 15:30

Comparte esta noticia

O Concello da Coruña ve no alugar o MAC (Museo de Arte Contemporánea da Fundación Naturgy, antes Fundación Gas Natural Fenosa) unha das "hipóteses posibles" para dar continuidade ao centro e a súa actividade, pero insisten en que aínda están "en proceso de negociación" coa compañía para definir cal vai ser a solución definitiva.

"É simplemente unha hipótese porque está o proceso en negociación con Naturgy", respondeu o concelleiro de Culturas no Concello da Coruña, José Manuel Sande, tras ser preguntado pola proposición de alugar o museo por parte do concello. Sande sinalou que o aluguer "é unha das hipóteses posibles", pero subliñou que ao mesmo tempo se esta traballando en aspectos xurídicos, económicos e laborais.

"Non creo que teña sentido un aluguer temporal, para iso buscariamos outro emprazamento", dixo tras ser cuestionado se ese aluguer tería un carácter temporal. "Primeiro debe ter esa continuidade e o proxecto debe englobar todo, tanto a colección como a actividade", engade.

Concelleiro José Manuel Sande (dereita). CONCELLO DA CORUÑA
Concelleiro José Manuel Sande (dereita). CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta