Temas: VIVENDA XUSTIZA

Condenan un home e a súa sogra por delito de falsidade en documento público para quedar cunha vivenda

Os maxistrados consideran acreditado que ambos elevaron a público mediante notario un documento no que o propietario dun inmoble recoñecía ter unha débeda co sentenciado, dándolle en pago a vivenda.

Por E.P. | A CORUÑA | 06/03/2019 | Actualizada ás 16:59

Comparte esta noticia

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, condenou a un home e á súa sogra por delito de falsidade en documento público para a obtención dunha vivenda no municipio coruñés de Vedra, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

A Audiencia sentencia ao home por cometer un delito de falsidade en documento público e outro de roubo con forza en casa habitada a tres anos de cárcere e ao abono dunha multa de 1.260 euros. O tribunal tamén lle impón á súa sogra oito meses de cárcere e o pago de 1.260 euros por cometer un delito de falsidade en documento público.

Os maxistrados consideran acreditado que ambos elevaron a público mediante notario un documento no que o propietario dun inmoble recoñecía ter unha débeda co sentenciado, dándolle en pago a vivenda.

A Audiencia destaca que a débeda era "inexistente" e que os condenados orixinaron unha circunstancia "irreal e incerta". Ademais, con posterioridade á firma mediante notario, en decembro de 2014, o home accedeu á vivenda onde, segundo considera probado a sentenza, subtraeu diversos bens.

Sede TSXG. Europa Press - Archivo
Sede TSXG. Europa Press - Archivo

Temas: VIVENDA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta