Rastrexan o fondo do encoro de Belesar ante posibles indicios do coruñés desaparecido

Un xeorradar identificou un vuto que podería tratarse do vehículo de Emilio Pintor, o melidao do que non se sabe nada dende o pasado 21 de febreiro

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

Un operativo composto por unha quincena de persoas traballa na mañá deste xoves no encoro de Belesar, en Chantada (Lugo). Alí descubriron posibles indicios do home de 43 anos desaparecido na zona o pasado 21 de febreiro.

Segundo fontes da Policía Nacional consultadas por Europa Press, un xeorradar identificou nas últimas horas un gran obxecto no fondo do encoro dos Peares, onde se centra a busca de Emilio Pintor. Deste xeito, mergulladores do Grupo de Operacións Especiais da Policía Nacional realizan desde as 11,00 horas deste xoves inmersións na área onde o xeorradar localizou o vulto. Pretenen comprobar se se trata do vehículo do desaparecido.

Ademais, o dispositivo de busca traballa cun robot de inmersión e un sónar de varrido lateral, equipamento facilitado por Salvamento Marítimo, segundo apuntan fontes da Policía Nacional. Eles mesmos destacan a complexidade do operativo pola turbidez das augas nun encoro que conta con zonas de ata 130 metros de profundidade.

Emilio Pintor Mella, que mide 1,78, usa lentes, ten pelo negro e presenta unha calvicie parcial, desapareceu o pasado 21 de febreiro. As tarefas de busca céntranse as inmediacións do encoro dos Peares, onde se tivo o último rastro deste home.

Encoro de Belesar. Foto: m@nuelra
Encoro de Belesar. Foto: m@nuelra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta