Temas: FRASEOLOXíA

“¡Á présa!” ou “¡(Veña # Vamos) Lixeiro!”, equivalentes, entre outras, ó castelán “¡Deprisa!”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 10/03/2019 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Proseguindo pola senda que principiamos a pasada semana con secuencias expresivas galegas que veñen a ser equivalentes á castelá darse prisa, imos desta volta con expresións, moitas veces utilizadas en formato imperativo, coas que exhortamos a alguén a que faga algo o máis rápido e axiña que poida, ou cando menos máis rápido có que o está a facer nese momento.

Iván Raña, na carreira a pé polas estradas de Hawai.
Iván Raña, na carreira a pé polas estradas de Hawai. | Fonte: @ivanranafuentes

¡Deprisa! && ¡De prisa! && ¡Aprisa! && ¡A prisa!

{= ¡O máis axiña e rápido que poidas/poidamos/poidades…!}

¡Á présa! && [E MESMO, COMO FORMA NON RECOLLEITA A DÍA DE HOXE NA NORMA]: ¡De présa!

¡(Vamos # Veña) Lixeiro!

¡(Vamos # Veña) Lixeiro(s)/a(s)!

[TAMÉN, CONXUGANDO O VERBO EN FUNCIÓN DE QUEN SEXA O RECEPTOR DO ENUNCIADO]:

¡Anda # Andamos # Andade lixeiro(s)/a(s)!

¡Anda # Andamos # Andade lixeiro!

Ex.: ¡De prisa, mujer, que es para hoy!

¡Á présa(Veña # Vamos) Lixeiro(Veña # Vamos) Lixeira, muller, que é para hoxe! & ¡Anda lixeiraAnda lixeiro, muller, que é para hoxe!

Ex.: ¡De prisa, muchachos, que la policía estará al caer!

¡Á présa(Veña # Vamos) Lixeiro(Veña # Vamos) Lixeiros, rapaces, que a policía ha de estar a caer! & ¡Andamos lixeirosAndamos lixeiro, rapaces, que a policía ha de estar a caer!

APUNTAMENTO 1:

Recordamos que as parénteses inseridas nalgunhas das expresións o que están a indicar é que as voces que se atopan no seu interior poden ser usadas ou non na referida secuencia expresiva. Daquela, e por poñer un exemplo, con respecto á secuencia ¡(Vamos # Veña) Lixeiro!, o que estamos dando a entender é que existen tres posibles manifestacións reais: 1) ¡Lixeiro! 2) ¡Vamos lixeiro! 3) ¡Veña lixeiro!

Así mesmo, e polo que atangue ó emprego de lixeiro ou de lixeiro(s)/a(s) nas expresións que estamos a ver, léase a primeira nota do artigo da semana pasada.

● Tamén:

¡Rápido!

¡Rápido! && ¡Decontado! && ¡Axiña! && ¡Polo aire! && ¡De avío! && ¡Un pé aquí e outro acolá! && ¡Á carreira! # ¡Ás carreiras! && [E MESMO]: ¡Aire! && ¡Vento! && ¡Lume (no cano)!

Ex.: ¡RápidoDecontadoAxiñaPolo aire ‡ De avío Á(s) carreira(s)AireVentoLume (no cano), muller, que é para hoxe!

Ex.: ¡ RápidoDecontadoAxiña ‡ Polo aire ‡ De avío ‡ Á(s) carreira(s)AireVentoLume (no cano), rapaces, que a policía ha de estar a caer!

● Tamén, en función dos contextos, e normalmente máis asociadas a ámbitos de uso populares e familiares:

¡Caña! && ¡Brasa! && ¡Estopa! && ¡Cera!

¡Tralla! && ¡Brasa! && ¡Lume (no cano) && ¡Brea! && ¡Estopa! && ¡Vara! && ¡Ferro!

● Tamén, a xeito de xerundios ou semellante:

¡Apurando! && ¡Apresurándose! && ¡Espabilando! && ¡Aligerando! && [E MÁIS OU MENOS ACAÍDAS EN FUNCIÓN DOS CONTEXTOS]: ¡Meneándose! && ¡Acelerando! && ¡Abreviando!

¡Alixeirando! && ¡A bulir! && ¡Bulindo! && ¡A correr! && ¡Correndo! && ¡Apurando! && ¡Apresurándose! && ¡Espelindo # Espelíndose! && ¡Arrequecendo! && ¡Aguilloando # Aguillando! && ¡Xurdindo! && ¡Aviando! && ¡Aviando pronto! && ¡Sacudindo a canela! && ¡Andando! && ¡Andando lixeiro! && ¡Andando lixeiro(s)/a(s)! && [E MÁIS OU MENOS ACAÍDAS EN FUNCIÓN DOS CONTEXTOS]: ¡Meneándose! && ¡Acelerando! && ¡Abreviando!

Ex.: ¡AlixeirandoA bulirBulindoA correrCorrendoApurandoApresurándoseEspelindoEspelíndoseArrequecendoXurdindoAviandoAviando prontoSacudindo a canelaAndandoAndando lixeiroAndando lixeiraMeneándoseAcelerandoAbreviando, muller, que é para hoxe!

Ex.: ¡AlixeirandoA bulirBulindoA correrCorrendoApurandoApresurándoseEspelindoEspelíndoseArrequecendoXurdindoAviandoAviando prontoSacudindo a canelaAndandoAndando lixeiroAndando lixeirosMeneándoseAcelerandoAbreviando, rapaces, que a policía ha de estar a caer!

APUNTAMENTO 2:

Obsérvese que nos máis dos contextos tamén se podería optar, en pago do xerundio, polas formas de imperativo do verbo de que se trate (formas de segunda ou cuarta persoa –ou primeira persoal de plural, se se prefire– segundo o requira cada contexto). Ex.: ¡AlixeiraBuleCorreApuraApresúrateEspileEspíleteArrequeceXurde AvíaAvía prontoSacude a canelaAndaAnda lixeiroAnda lixeiraMenéateAceleraAbrevia, muller, que é para hoxe!

● Tamén:

¡Zúa, que hai boa lúa! && ¡Dálle # Dádelle aire á saia!

Ex.: ¡Zúa, que hai boa lúa, muller, que é para hoxe! && ¡Dálle aire á saia, muller, que é para hoxe!

Ex.: ¡AlixeirandoA bulirBulindoA correrCorrendoApurandoApresurándoseEspelindoEspelíndoseArrequecendoXurdindoAviandoAviando prontoSacudindo a canelaAndandoAndando lixeiroAndando lixeirosMeneándoseAcelerandoAbreviando, rapaces, que a policía ha de estar a caer!

● Tamén, en contextos, para lle dicir a alguén que ten que andar máis lixeiro, asociada a rexistros coloquiais e populares e normalmente nunha utilización máis ben festiva:

¡Aperta, rucho, o cu contra o casucho!

Ex.: ¡A ver, muller: aperta, rucho, o cu contra o casucho, que é para hoxe!

● Igualmente en contextos, e usada para que alguén se dea por entendido de que debería obrar dun xeito máis lixeiro:

¡(Seica) Non che vai o pan polas pallas!

Ex.: ¡Seica non che vai o pan polas pallas, muller, que a cousa é para hoxe!

NOTAS:

1. Inda que no presente artigo todas estas expresións están recolleitas na súa forma imperativa, cómpre ter en conta que moitas delas tamén se utilizan en discursos simplemente enunciativos (precedidas do verbo máis axeitado en función do contexto). Ex.:

Si no lo hacemos de prisa, no nos valdrá para nada.

Se non o facemos á présa # Se non andamos lixeiros # Se non imos lixeiro # Se non o facemos decontado # Se non o facemos axiña # Se non o facemos lixeiros # Se non o facemos polo aire # Se non o facemos a correr # Se non bulimos # Se non o facemos á présa e correndo # …, non nos vai valer para nada.

2. Ademais, tampouco resulta estraño escoitar a combinación de dúas ou máis das expresións indicadas nun mesmo enunciado, nomeadamente cando a primeira parte deste está constituída pola locución “á présa”, e sempre que o segundo dos elementos da combinación sexa un xerundio: ¡á présa e correndo! && ¡á présa e bulindo! && [...].

3. Polo que atinxe á paremia ¡zúa, que hai boa lúa!, en principio trátase dunha expresión dirixida normalmente a unha segunda persoa singular (a un “ti”, logo), mais tamén pode ser utilizada como frase feita lexicalizada e referente impersonalizado e/ou xeneralizado (en definitiva, como unha secuencia expresiva que en liñas xerais pode máis ben corresponderse en moitos contextos, como veremos no vindeiro artigo, coa expresión castelá espabilando, que es gerundio):

¡A ver, chicos, de prisa, que nos tenemos que marchar!

¡A ver, rapaces, que temos que marchar, así que zúa, que hai boa lúa!

4. Por outra banda, tamén hai que ter presente que en determinados contextos estas expresións poden confluír coas que reflectiremos cando abordemos, no seu día, secuencias expresivas en galego equivalentes ás castelás ¡caña al mono! e darle # meterle caña a algo.

5. A locución de présa (que, como comentamos, non está recolleita a día de hoxe no DRAG), inda que moito menos usada na fala ca á présa, xa está documentada por Sarmiento ou Sobreira, entre outros, e aparece tamén bastante usada no Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG).

6. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Guerra Otero, Pilar: Así falan en Trasar (1 e 2). Obra á que se pode acceder, a través de Internet, nos enderezos seguintes:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar11.html

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1296813709/contido/Galego/exercicios/pilar2.htm

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martíns [anteriormente, Martínez] Seixo, Ramón Anxo: “108 fórmulas galegas”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 9, 2007, páxs. 235-246. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Noriega Varela, Antonio: Como falan os brañegos. Ed. Nós, 1928, A Coruña.

- Pereda Álvarez, José María: Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega. Publicado en 1953. Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (en liña).

- Rivas Quintas, Elixio: Material lexicográfico da súa elaboración consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina):

a. Frampas, contribución al diccionario gallego, publicado en 1978.

b. Frampas II, contribución al diccionario gallego, publicado en 1988.

c. Frampas III, contribución al diccionario gallego, inédito e cedido polo autor para o Diccionario de diccionarios da lingua galega.

- Ventín Durán, José Augusto: “Fraseoloxía de Moscoso e outros materiais de tradición oral”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, anexo 1, 2007.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta