As xuntas de directores de centros de ensino deberán ter paridade entre sexos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde pola que se modifica a composición da xunta autonómica e as xuntas provinciais de directores e directoras de centros de ensino non universitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/03/2019 | Actualizada ás 17:35

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves a orde pola que se modifica a composición da xunta autonómica e as xuntas provinciais de directores e directoras de centros de ensino non universitario, que deberán garantir unha composición, a partir de agora, de paridade entre sexos.

Colexio Salvador Moreno de Pontevedra.
Colexio Salvador Moreno de Pontevedra.

Segundo informa a Consellería de Educación, actualizou a normativa que levaba vixente máis de dúas décadas para promover unha composición "máis adecuada ao principio de igualdade" e, por tanto, "fomentar unha maior presenza das mulleres nestes órganos".

Na actualidade, Galicia conta con catro xuntas provinciais de directores e directoras de centros de educación non universitaria que compoñen 14 directores nos casos da Coruña e de Pontevedra e 10 tanto en Lugo como en Ourense. Ademais, existe unha xunta autonómica que integran catro directores que pertencen a cada unha das xuntas provinciais.

A partir da entrada en vigor desta orde, as xuntas provinciais e a autonómica terán unha composición paritaria, co mesmo número de homes e mulleres entre os candidatos que opten a estes postos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta