Por E.P. | A CORUÑA | 07/03/2019 | Actualizada ás 18:15
A sección sindical da CIG no Conecllo de Betanzos (A Coruña) anunciou que recorrerá os servizos mínimos na escola municipal fixados para a folga deste 8 de marzo. O sindicato considéraos "abusivos".
En concreto, sostén que "o goberno municipal do PSOE, apoiado por UXT, CSIF e CCOO, impide ás traballadoras da escola infantil municipal facer folga cuns servizos mínimos que obrigan a traballar a cinco das sete traballadoras que ten a escola".
Respecto diso, explica que o acordo se tomou na mesa xeral de negociación do pasado 28 de febreiro, co voto en contra da CIG, que anunciou que recorrería estes servizos en canto se publicase o decreto. A sección sindical argumenta que estas medidas van en contra dos "dereitos" das empregadas, nun cadro de persoal que na actualidade está composto "na súa totalidade, por traballadoras".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.