Temas: 8M MULLER ESPAñA

Dúas galegas entre as 25 máis influíntes de España

É unha listaxe que fai a Fundación Marqués de Oliva en relación as mulleres con máis poder e influencia.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 07/03/2019 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Hai dúas mulleres galegas entre as 25 máis influíntes de España segundo o “Estudio de los 500 españoles más influyentes” da Fundación Marqués de Oliva.

Marta Fernández Herraiz
Marta Fernández Herraiz | Fonte: Youtube

Segundo este ranquing, as galegas con máis influencia son Marta González e Marta Fernández Herraiz. A primeira é  unha historiadora e política española, deputada pola Coruña e é a actual vicesecretaria xeral de Comunicación do Partido Popular. A segunda é fundadora de Lesworking, primeira rede profesional internacional para mulleres lesbianas, creada en 2014 que conta con profesionais de máis de 15 países.

O estudo recolle 14 categorías e 500 persoas. Entre as 25 mulleres máis influíntes destacan, sobre todo, catalanas, madrileñas e valencianas. 

Temas: 8M MULLER ESPAñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta