Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 11:33
A presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, eludiu falar de se concorrerá ás eleccións europeas na lista do PP e reiterou que lle fai feliz ir nas listas por Pontevedra ás eleccións xerais.
"O que me gusta moito, fun deputada por Pontevedra durante moitos anos e iso faime moi feliz", recalcou nunha entrevista en TVE, recollida por Europa Press.
DECRETOS DE URXENTE NECESIDADE
Sobre a polémica xerada ao redor de que o Goberno aprobe decretos en período preelectoral que irán á Deputación Permanente, un órgano que, lembrou, está para aprobar de "urxente necesidade".
"Estamos en período preelectoral. Isto vai dirixido a todos", asegurou preguntada polas súas declaracións nas que dixo que o PSOE ía "dopado" ás eleccións aprobando estes decretos.
Pastor tirou de historia para lembrar que en 40 anos de democracia o único que se aprobou entre lexislatura son "escasísimos" decretos lei sobre temporais e situacións de emerxencia
"Non entro no fondo", sinalou Ana Pastor sobre os decretos, asegurando que serán os partidos na Deputación Permanente os que se manifestarán. "A historia real do noso país é que sempre se fixo para cousas de urxente necesidade", resolveu.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.