Milleiros de persoas de toda Galicia participan nas mobilizacións do 8M

En Santiago ateigaron as rúas da cidade vella, en Vigo e na Coruña tamén foron milleiros os que se sumaron as mobilizacións. Guerra de cifras sobre a participación entre Xunta e empresarios e os sindicatos CNT e CIG.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2019 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Milleiros de persoas, tanto homes como mulleres, están participando nas mobilizacións convocadas en distintas cidades galegas para reivindicar o Día da Muller. Unhas protestas que foron masivas en Santiago, con milleiros de participantes, pero tamén noutras cidades como Vigo ou A Coruña, Ferrol e Pontevedra.

Manifestación feminista en Vigo. ASEMBLEA GALEGAS 8M - Arquivo
Manifestación feminista en Vigo. ASEMBLEA GALEGAS 8M - Arquivo

O seguimento da folga convocada con motivo do día internacional da muller está a ser dun 11,27% no ámbito da administración xeral da Xunta de Galicia e dos seus entes adscritos, segundo os datos de Vicepresidencia. Uns datos que non coinciden cos dos sindicatos que falan dunha incidencia "moi importante" na administración, sanidade, educación, telemarketing, xornalismo e cultura.

Por ámbitos sectoriais, cifra nun 9,55% o seguimento en educación, nun 10,14% en sanidade e nun 18% na administración de xustiza. Por delegacións territoriais, o seguimento da folga foi, segundo as cifras da Xunta, do 6,92% na da Coruña, do 5,21% na de Lugo, do 6,23% na de Ourense e do 13,17% en Pontevedra e Vigo.

Tamén a confederación de empresarios de Galicia (CEG) asegura que se está traballando "con práctica normalidade" neste 8 de marzo, aínda que admite que "algunhas empresas si se viron afectadas ao non dispor da totalidade do persoal das quendas".

Apunta que "non se observaron especiais incidencias no que leva de xornada" e que as organizacións que se integran na patronal galega "en xeral manifestaron que se está traballando con práctica normalidade".

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, ademais, puxo de manifesto a súa "implicación no avance cara á igualdade entre mulleres e homes", por considerar que é "un dereito das mulleres e un deber da sociedade".

A Muralla de Lugo, de violeta para reivindicar o 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora
A Muralla de Lugo, de violeta para reivindicar o 8 de marzo, o Día da Muller Traballadora | Fonte: LX

Uns datos que contrastan cos da CIG que suliñaba que a folga do 8M ten gran incidencia en sectores da área pública, a industria e os servizos. E tamén cos da CNT que di que no Telemarketing é do 50% e case total nalgúns ámbitos do xornalismo, sobre todo dos medios públicos, e da Cultura. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta