Segue crecendo o prezo das vivendas

Subiu en Galicia un 0,5% no último trimestre de 2018.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/03/2019 | Actualizada ás 17:53

Comparte esta noticia

O prezo da vivenda subiu un 0,5% no cuarto trimestre de 2018 en relación ao terceiro trimestre do mesmo ano, segundo os datos publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre o Índice de Prezos de Vivenda (IPV).

A taxa anual deste índice mantívose en Galicia no 4,1 por cento. A nivel estatal, a variación anual do Índice de Prezos de Vivenda (IPV) no cuarto trimestre de 2018 diminuíu seis décimas e situouse no 6,6 por cento.

En Galicia, o prezo da vivenda nova subiu un 3% no cuarto trimestre do ano pasado, mentres que a de segunda man fíxoo un 0,1%. A nivel estatal, o prezo da vivenda libre aumentou un 0,4%, 1,8 puntos porcentuais menos que no trimestre anterior. Por tipo de vivenda, o prezo da vivenda nova subiu no cuarto trimestre de 2018 un 1,2% en taxa intertrimestral, acumulando catro trimestres consecutivos de incrementos.

DATOS POR COMUNIDADES

Por comunidades, a taxa anual do IPV diminúe en nove comunidades autónomas, aumenta en sete e mantense estable na restante. Os maiores descensos prodúcense en Canarias, Comunidade de Madrid e A Rioxa, con baixadas de 1,3, 1,3 e 1,2 puntos, respectivamente.

Pola súa banda, Castela-A Mancha, Aragón e Rexión de Murcia rexistran as maiores subidas, con incrementos de nove, sete e seis décimas, respectivamente.

A nivel estatal, o prezo da vivenda libre subiu unha media do 6,7% en 2018 respecto ao ano anterior, o seu quinto repunte anual consecutivo tras seis anos de caídas e o máis elevado desde o exercicio 2007.

Operarios, trabajadores, obreros, obra, construcción, zanja
Operarios, trabajadores, obreros, obra, construcción, zanja

Novas construccións na capital de Bulgaria, Sofia
Novas construccións na capital de Bulgaria, Sofia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta