O BNG pide "pasar aos feitos" e chama as mulleres a votar contra "esa tropa dopada de testosterona"

Ana Pontón, esixiu que despois das "ondas feministas" que este 8 de marzo saíron á rúa pásese "das palabras aos feitos" e apelou ás mulleres a utilizar as próximas convocatorias electorais para expresar o seu rexeitamento ante "esa tropa dopada de testosterona".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2019 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu que despois das "ondas feministas" que este 8 de marzo saíron á rúa se pase "das palabras aos feitos" e apelou ás mulleres a utilizar as próximas convocatorias electorais para expresar o seu rexeitamento ante "esa tropa dopada de testosterona".

8M.- O BNG Reclama 'Pasar Á Política Dos Feitos'. ANA PONTÓN
8M.- O BNG Reclama 'Pasar Á Política Dos Feitos'. ANA PONTÓN | Fonte: Europa Press

Na súa intervención aberta ante o Consello Nacional do BNG que aprobou as listas para as xerais do 28 de abril, Pontón remarcou o "orgullo" da súa forza política por ver este venres que as mobilizacións galegas foron "as máis grandes de todo o Estado en termos proporcionais".

Por conseguinte, proclamou que chegou o momento "de pasar das promesas aos orzamentos e da hipocrisía institucional a un compromiso real co feminismo". Ademais, remarcou que estas masivas mobilizacións evidencian a capacidade de "autoorganización e de saír á rúa de forma masiva".

Por iso, agora é "importante" que "esta forza" demostrada nas rúas "se deixe sentir tamén nas urnas nas próximas convocatorias electorais". Así, apelou ás mulleres a "deixar moi claro" o seu rexeitamento a políticos que expoñen "retrocesos na igualdade, que se atreven mesmo a negar que existe violencia contra as mulleres, ou que pretenden legalizar a desigualdade e a explotación dos corpos das mulleres por exemplo con esa proposta dos ventres de aluguer".

"Pronto teremos ocasión de deixar que todo este sentir se mostre nas urnas empezando por esas eleccións do 28 de abril", proclamou. Ao seu xuízo, o éxito do 8M deste venres en Galicia ten "moitísimo que ver" co traballo de base do movemento feminista e tamén co feito pola CIG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo

Eso, a ver se nos votades todas que para eso montamos todo o rollo.