O PSdeG acusa a Feijóo de estar "de costas" á "histórica" mobilización feminista

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2019 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou de "histórica" a xornada do 8 de marzo cunha "mobilización masiva" ante a que cre que estivo "de costas" o presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller
Manifestación en Vigo do 8M, Día Internacional da Muller | Fonte: Miguel Núñez.

Caballero lamentou "a falta de sensibilidade" mostrada polo presidente da Xunta ao "darlle as costas" a "unha das causas máis xustas".

"Mentres miles de galegas e galegos colapsamos as cidades en defensa da igualdade real, Feijóo e a dereita puxéronse de perfil e estiveron unha vez máis de costas aos movementos sociais", afirmou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta