Igualdade asegura que "non constaba ningunha denuncia oficial" de que existise violencia entre a parella de Valga

"Moitas veces é imposible saír soas do círculo da violencia no que senten atrapadas", subliña.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, asegurou este luns que a muller asasinada presuntamente a mans do seu home no concello pontevedrés de Valga non presentara ningunha denuncia por malos tratos.

Así o sinalou López Abella nunha entrevista en Radio Galega recollida por Europa Press, onde lamentou que "oficialmente non constaba absolutamente ningunha denuncia" nin tampouco "se sabía que houbese violencia entre a parella".

"A verdade é que estamos consternados e desde a Xunta queremos expresar nosa máis enérxica condena ao asasinato de Valga, que se está investigando como un posible delito de violencia de xénero, practicamente xa se coñece así", indicou a secretaria xeral de Igualdade, quen engadiu que "agora o que toca é esperar pola investigación".

Así mesmo, lembrou que hai recursos para as mulleres que sofren violencia de xénero e animou a todas elas a que denuncien "cando aínda se está a tempo de facer algo". "Moitas veces é imposible saír soas do círculo da violencia no que senten atrapadas", subliñou, polo que pediu que chamen ao 016 para pór punto e final a esa situación.

Este mediodía, Abella participará nunha concentración ás portas do edificio da Xunta en Santiago de Compostela en repulsa polos de casos de asasinato machista con vítimas galegas este fin de semana, en Valga e en Madrid, que a muller, de 63 anos, era natural de Sober (Lugo).

Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade. Europa Press - Archivo
Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade. Europa Press - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta