A Policía Autonómica levanta 19 infraccións nun operativo para previr o consumo de alcol e drogas en menores

Segundo informa a Xunta, 13 das demandas foron por consumo de alcol, catro por tabaco e dous por tenencia de sustancias estupefacientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo entre o pasado luns, 4 de marzo, e este domingo, 10 de marzo, un total de 131 inspeccións de control de venda e consumo de bebidas alcohólicas e tabaco que se saldaron co levantamento de 19 actas de infracción.

En concreto, segundo informa a Xunta, 13 das demandas foron por consumo de alcol, catro por tabaco e dous por tenencia de sustancias estupefacientes. Ademais, foron identificadas 80 persoas. As 131 inspeccións levaron a cabo a través de 52 dispositivos en zonas de lecer, locais e centros comerciais dun total de nove concellos: A Coruña, Ames, Lugo, Poio, Pontevedra, Rois, Santiago, Sanxenxo e Vigo.

Estes dispositivos, ademais de levantar denuncias por infracción da Lei 11/2010, informan aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, e establece que o corpo autonómico continúe coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Policía Autonómica
Policía Autonómica | Fonte: arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta