A participación nas primarias de En Marea ás xerais e europeas foi do 25%, coa ausencia dos críticos

Os que participaron referendan as cabezas de lista, só con afíns a Luís Villares.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2019 | Actualizada ás 21:08

Comparte esta noticia

As primaria de En Marea ás xerais e ás europeas contaron coa participación de 1.100 persoas, un 25 por cento dos inscritos, segundo informa a formación este luns. Deste xeito, referéndanse as cabezas de listas de nove candidaturas, todas promovidas pola dirección do partido instrumental que encabeza Luís Villares, a Cortes e Senado (do 28 de abril) nas catro provincias e os comicios ao Parlamento europeo (do 26 de maio).

Luís Villares, portavoz de En Marea, e Ana Seijas, membro do Consello dás Mare
Luís Villares, portavoz de En Marea, e Ana Seijas, membro do Consello dás Mare | Fonte: Europa Press

O sector crítico —integrado por Anova, EU, Podemos e as mareas municipalistas de Santiago, A Coruña e Ferrol— abstivéronse de participar nestas primarias e avanzan nas súas negociacións para concorrer como coalición á marxe de En Marea.

A actual viceportavoz da coordinadora, Ana Seijas, ocupa o número un da lista pola Coruña ao Congreso; mentres que en Pontevedra é Iris Malvido. O politólogo Iván Olmos en Ourense e a portavoz de Lugonovo Cristina Pérez en Lugo, completan as cabezas de lista das candidaturas ás provincias galegas. Entre algúns dos cambios na orde das listas atópase a suba de Alba Nogueira ata o terceiro posto pola Coruña.

Pola súa banda, a actual eurodeputada Lídia Senra encabeza a lista ás europeas, seguida por Sandra Pesqueira, Xoán Hermida e o deputado no Parlamento galego Davide Rodríguez.

No tocante ao Senado, as cabezas de lista serán: María Dolores Candedo (A Coruña), María Victoria Esteban (Lugo), Millán Brea (Ourense) e Mari Carmiña Vázquez (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 twuj

Vaia, vaia... qué curioso, nas primarias que Villares secuestrou e trampeou, os fontaneiros villaristas atribuíronse 1.600 votos e atribuíron 1.100 aos demais. E agora a pitonisa Lidia acada 1.100 votos... nada sospeitoso, non.

1 Gamela

Case que non... agás Lidia Senra o resto aínda lles falta unha boa fervedura !!! https://enmarea.gal/primarias-2019-...