Temas: ALLARIZ TURISMO

Ven, vive e visita, tres pasos para gozar de Allariz

O concello vén de estrear unha nova web, moi visual, intuitiva e que facilita o coñecemento dos atractivos turísticos da localidade.

Por X.M. Fernández | Allariz | 12/03/2019 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A alcaldesa, Cristina Cid, acompañada do técnico informático e a área de promoción económica municipal, presentaron unha nova páxina web máis moderna e accesible para os usuarios e usuarias que conta con toda a información para chegar, vivir e visitar Allariz.

A Alcaldesa Cristina Cid na presentación do portal de turismo. Fonte: Concello
A Alcaldesa Cristina Cid na presentación do portal de turismo. Fonte: Concello

O portal de turismo nace como complemento ao sitio allariz.gal, composto por outras dúas microsites. Unha dedicada á administración e sede electrónica para efectuar trámites on line, e a outra que serve de taboleiro de novas cos asuntos de relevancia local e cunha axenda de actividades e eventos culturais, deportivos e lúdicos.

A nova web presentada, www.allariz.gal/turismo , inclúe todos os contidos de interese para os visitantes a través de tres pasos: Ven, no que as persoas usuarias atoparán o xeito de chegar a Allariz e mesmo onde aloxarse ou comer; Vive, onde se explican os mellores plans para gozar da estadía na localidade en parella, en familia, en solitario ou en grupo; e o apartado Visita con algunhas das razóns para visitar Allariz, como a súa paisaxe, a cultura, o patrimonio ou a gastronomía, entre outras sorpresas. Como complemento a toda a información anterior inclúe un enlace á Oficina de Turismo para contactar co persoal técnico directamente. 

A páxina, cun coidado deseño, resulta moi visual, accesible e de sinxela navegación, sen esquecer que se pode entrar con toda comodidade dende calquera dispositivo, sexa móbil, tablet ou ordenador. Ademais a web enlaza coas redes sociais do concello, principalmente facebook e twitter. 

Temas: ALLARIZ TURISMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta