Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 09:16
A zona da Mariña luguesa terá este martes, 12 de marzo, aviso amarelo durante un tres horas por vento forte que pode superar os 80 quilómetros por hora.
Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, e recolleito por Europa Press, unha borrasca moi profunda localizada ao norte das Illas Británicas deixará forte vento no norte durante a mañá.
Deste xeito, o aviso será amarelo na Mariña entre as 9,00 e as 12,00 horas deste martes. Tamén entre as mesmas horas o aviso será amarelo no noroeste da Coruña por vento no mar do suroeste forza sete.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.