A enxeñaría galega ten unha "oportunidade" na incorporación do noroeste ao corredor atlántico

As institucións europeas deron o visto e prace definitivo á inclusión do noroeste español no Corredor Atlántico de Mercadorías o pasado venres, onde a conexión O Porto-Vigo figura como rede global.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/03/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, apostou por facer da incorporación do noroeste ao corredor atlántico "unha oportunidade para a enxeñaría galega". Nunha intervención na xornada técnica 'O ferrocarril en Galicia: mercadorías', subliñou o papel que o sector da enxeñaría da comunidade está chamado a desempeñar.

As institucións europeas deron o visto e prace definitivo á inclusión do noroeste español no Corredor Atlántico de Mercadorías o pasado venres, onde a conexión O Porto-Vigo figura como rede global, non básica. Respecto diso, Vázquez resaltou que a liña León-Monforte-Ourense-Vigo-A Coruña está xa "enganchada" á rede ferroviaria europea e tamén a liña León-Xixón.

Tamén chamou a atención sobre que agora son necesarios "planificación e proxectos de calidade" para conseguir fondos europeos que se traduzan nunha modernización das liñas ferroviarias do noroeste e no reforzo da competitividade.

Proposta do Eixo para integración de cidades galegas no Corredor Atlántico
Proposta do Eixo para integración de cidades galegas no Corredor Atlántico | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta