A Coordinadora Galega de Atención Primaria propón unha folga xeral no servizo para os días 9, 10 e 11 de abril

Entre as iniciativas que barallan está a de recoller firmas para solicitar a dimisión dos xefes de servizo doutras áreas, non coller novos residentes, avaliar as condicións actuais das Unidades Docentes ou levar a cabo actos de protesta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2019 | Actualizada ás 10:06

Comparte esta noticia

A Coordinadora Galega de Atención Primaria acordou, nunha reunión mantida esta semana, propor a convocatoria dunha primeira xornada de folga xeral na Atención Primaria de Galicia para os días 9, 10 e 11 de abril. Unha iniciativa que coincide coa decisión dos xefes da área sanitaria de Vigo de non volver ás súas responsabilidades en protesta pola situación da Atención Primaria.

Así se desprende do resultado dunha reunión mantida este luns en Santiago e na que participaron membros das diferentes asembleas das áreas sanitarias de Galicia, sociedades científicas, membros de SOS Sanidade Pública e da Asociación para a Defensa da Sanidade Pública, así representantes dos xefes de servizo dimitidos de Vigo e da PAC, entre outros.

Tras acordar a proposta desta folga, a coordinadora avanzou que solicitará reunións cos sindicatos da Mesa Sectorial, coa Fegamp, coas Sociedades Científicas e cos Colexios Médicos.

CINCO PUNTOS "IRRENUNCIABLES" E NEGOCIACIÓN DIRECTA

Os integrantes manteñen como "irrenunciables" os cinco puntos reclamados na reunión anterior e a "negociación en pé de igualdade" dos mesmos, directamente coa Consellería de Sanidade.

Para as súas reclamacións, decidiron crear un Comité Executivo da Coordinadora, en principio formado por membros das Áreas Sanitarias, da PAC, da Asociación de Precarias, de Pediatría, de Enfermaría e dos dimisionarios de Vigo, aínda que aberto a novas incorporacións. A primeira reunión será este xoves, ás 19,00 horas.

Entre as iniciativas que barallan está a de recoller firmas para solicitar a dimisión dos xefes de servizo doutras áreas, non coller novos residentes, avaliar as condicións actuais das Unidades Docentes ou levar a cabo actos de protesta.

Manifestación en vigo pola sanidade pública
Manifestación en vigo pola sanidade pública

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta