O Parlamento recoñece a "gran epopea migratoria do pobo galego"

Concede a súa medalla á emigración galega "por xustiza".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 13:22

Comparte esta noticia

O Parlamento galego concedeu por unanimidade da Mesa da Cámara a súa medalla nesta edición de 2019 á emigración galega, nunha decisión que considera "de xustiza".

A Medalla do Parlamento entregarase ás entidades da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas o próximo 6 de abril, como cada ano no aniversario da promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Así, recoñécese "a gran epopea migratoria do pobo galego, que tivo como protagonistas por centos de miles de homes, mulleres e nenos que atravesaron medio mundo na procura dun futuro mellor".

"A historia contemporánea de Galicia non se entende sen a emigración, que deixou pegadas en practicamente todos os ámbitos: na economía, nas artes plásticas e nas letras, na educación ou en tantos outros", remarca a Cámara galega.

Esta medalla será entregada a 14 centros e entidades da Comisión: catro asentadas en comunidades españolas; catro de países de Europa, África e Asia; catro de países de América e Oceanía; así como un representante por cada comunidade con máis de 20.000 socios no Rexistro da Galeguidade como é o caso da Casa de Galicia de Montevideo (Uruguai) e a Irmandade Galega de Venezuela.

Foto que retrata o drama da emigración
Foto que retrata o drama da emigración

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta