O PPdeG: "Ana Pontón pode traer a Otegi a pasear con Lores por Pontevedra"

Ve "desesperado" ao BNG por "que alguén lle faga caso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 13:50

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, criticou a "desesperación na que se atopa" o nacionalismo galego. "Entendo que Ana Pontón --portavoz nacional do Bloque-- ten que tentar debater con todo o mundo para que alguén lle faga algo de caso, un caso que o galego non lle fan cada vez que se lles convoca ás urnas", esgrimiu.

Ademais, Tellado cre que a esta proposta "non se debe nin sequera responder", porque o PPdeG, dixo, "non ten nada que negociar cos que pactan ou se coaligan coa antiga Batasuna e con Esquerra" e teñen un proxecto "francamente dubidoso" para Galicia.

Neste sentido, en referencia á súa alianza con EH Bildu e ERC para concorrer aos comicios europeos, suxeriu que, "se a Ana Pontón sóbranlle días de campaña, pode traerse a Otegi a pasear xunto con Lores por Pontevedra".

Ademais, Tellado insistiu en que o Bloque é unha "forza política extraparlamentaria", xa que desde as eleccións do 2015 levan sen representación no Congreso, e lembrou que o seu líder "ten a oportunidade de debater con Feijóo mércores si e mércores non", durante as sesións de control ao Goberno da Xunta no Lexislativo galego.

Así, apuntou que Pontón, "logo de 15 anos no Parlamento de Galicia, o certo é que o saldo electoral desa traxectoria e do seu partido é que cada vez que hai unha cita coas urnas, cada vez menos votos, cada vez peores resultados".

Arnaldo Otegi nun acto político
Arnaldo Otegi nun acto político | Fonte: Publico.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta