Case a metade dos mortos por gripe este ano estaban vacinados

Galicia rexistrou 80 falecidos con gripe desde o inicio da tempada. A Xunta abre xa o período de matriculación en escolas infantís co requisito da vacinación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

Os falecidos con gripe na Comunidade Autónoma de Galicia ascenden a 80 desde o inicio da tempada --50 deles por gripe e 30 máis co virus--, dos que 39 non estaban vacinados. Así consta no décimo oitavo informe 'Vixilancia da gripe en Galicia', publicado este venres polo Sergas, recollido por Europa Press, no que se puntualiza que desde o inicio da tempada e ata as 8,40 horas do xoves 14 de marzo declaráronse 1.835 ingresos.

O informe concreta que dos 1.835 ingresos desde o inicio da tempada, 1.476 xa recibiron o alta. Ademais, indica que do total, 117 requiriron asistencia en UCI e dos 1.608 que tiñan indicada a vacina, 788 non a recibiron.

O Sergas explica no informe que, segundo os rexistros de gripe en Atención Primaria, constátase "un descenso respecto da semana anterior". En canto ás chamadas ao 061 por gripe e infeccións respiratorias agudas (IRA), nesta semana reflíctese "un descenso respecto da semana anterior".

Vacinas contra a gripe. EUROPA PRESS - Arquivo
Vacinas contra a gripe. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

NOVOS REQUISITOS

Por outra banda, a Xunta abrirá a partir deste sábado o prazo de matrícula para as escolas infantís da rede autonómica 'Galiña Azul' xunto coas prazas concertadas con centros de titularidade privada, que se estenderá ata o próximo 5 de abril. Esta matrícula esixirá, a partir de agora, a obligatoriedade da vacinación dos nenos para aceptalos nos centros.

Así o avanzou este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello de Goberno, no que anunciou a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da matrícula das escolas infantís públicas e concertadas para o curso 2019-2020.

En total, serán 10.379 prazas, unhas 114 máis que o curso actual, ás que se engaden outras 492 concertadas con centros de titularidade privada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta