Santiago e a sociedade Acuaes asinan o inicio do proceso para o proxecto da depuradora na Silvouta

Primaranse solucións que garantan a construción da infraestrutura en terreos da Silvouta, cuns prazos que permitan acceder aos fondos europeos consignados para a actuación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2019 | Actualizada ás 17:36

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a directora xeral da sociedade estatal de Augas das Concas de España (Acuaes), Rosa Cobo, asinaron este venres en Madrid o convenio que permitirá determinar o proxecto de construción da nova EDAR na Silvouta, a través dun proceso de diálogo competitivo.

Martiño Noriega expresou a súa satisfacción pola firma do acordo que permitirá "que se constrúa unha nova depuradora á altura das necesidades de Santiago e na localización da actual EDAR da Silvouta", con "menor custo, menor impacto e con todo o avance tecnolóxico que permite optar a fondos europeos e a unha saída digna".

O acordo asinado este venres é o primeiro paso para que Acuaes inicie nas próximas semanas o procedemento do diálogo competitivo, a partir do que se escollerá á empresa que se encargue da redacción do proxecto da EDAR. O diálogo competitivo é unha figura contemplada na Lei de Contratos, pola que o órgano licitador require solucións innovadoras para un problema cuns condicionantes concretos.

No caso da depuradora, primaranse solucións que garantan a construción da infraestrutura nos terreos da Silvouta, cuns prazos que permitan acceder aos fondos europeos consignados para a actuación, e cunha solución tecnolóxica innovadora.

O convenio recolle que será o Concello o que asuma o custo do diálogo competitivo, fixado nun máximo de 450.000 euros. Tal e como explicou o alcalde, "a cifra que achega o Concello para este proceso será compensada despois no convenio para a construción da EDAR, de forma que os custos finais para as arcas municipais serán os mesmos".

O Concello de Santiago asina con Acuaes o inicio do proceso para o proye. CONCELLO DE SANTIAGO
O Concello de Santiago asina con Acuaes o inicio do proceso para o proye. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta