Deputación da Coruña convoca doce premios culturais para "animar" á creación

Por E.P. | A CORUÑA | 15/03/2019 | Actualizada ás 18:53

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña convoca doce premios culturais para "animar" á creación, nunha iniciativa cultural que conta cun orzamento total de 151.000 euros, segundo informa o organismo provinical.

A través destes premios, recoñeceranse traxectorias e obras en distintos ámbitos culturais, do literario ao plástico, pasando por proxectos feministas ou ensaios.

Manuel Murguía, de ensaio; Fran Pérez Narf, para grupos e artistas musicais; Raíña Lupa, de literatura infantil e xuvenil; Luís Ksado, de creación fotográfica; Rafael Dieste, de textos teatrais; ou o Isaac Díaz Pardo, de artes plásticas, son algúns dos galardóns que outorgará a Deputación da Coruña este ano.

Muiñada, teatro de nadal no Salón Teatro. XUNTA
Muiñada, teatro de nadal no Salón Teatro. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta