Luís Zahera conduciu a gala do Festival de Málaga: "Nunca imaxinei isto logo de representar sempre papeis de narcos"

O actor galego foi o encargado de inaugurar un dos eventos de cine máis importantes de España

Por E.P. | Santiago de Compostela | 16/03/2019 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

O actor Luís Zahera foi o encargado de conducir a gala inaugural da edición número 22 do Festival de Cine de Málaga, que un ano máis tivo lugar no Teatro Cervantes da capital malagueña. O acto supón o comezo oficial dun período de dez días onde o cinema toma a cidade da Costa do Sol.

Baixo a dirección de Juan Antonio Vigar, o Festival de Málaga cumpre 22 anos pondo en valor a sétima arte en lingua hispana, algo que converteu a esta cita cinéfila nun referente a nivel nacional

Ao comezo do acto, Zahera decidiu saírse do guión previsto para agradecer a oportunidade que supón presentar unha gala como esta, algo que se afasta dos seus rexistros habituais. "Nunca imaxinei que, representando sempre papeis de chulos e narcotraficantes, tería unha oportunidade así", asegurou.

Un pequeno vídeo de pouco máis de dous minutos resumiu o que será este Festival de Málaga, Cinema en Español: películas, curtametraxes, documentais e os artistas galardoados, todo iso acompañado cun breve espectáculo de luces e son. Entre eses afortunados, estará tamén o ferrolán Javier Gutiérrez, que recibirá o Premio Málaga.

Gala dos  Goyas 2019. María José López - Europa Press - Arquivo
Gala dos Goyas 2019. María José López - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta