Esquerda Unida non cre que a división de forzas rupturistas supoña un gran castigo nas urnas

Preguntada acerca de se a escolla de Yolanda Díaz como cabeza de lista de Pontevedra foi a clave para que Anova rompera negociacións, Eva Solla asegura: "Sentámonos sen ningún tipo de apriorismo nesa mesa"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Logo da confirmación de que Anova non concorrerá ás xerais ao romper as negociacións con Esquerda Unida e Podemos, a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, cre que a división da esquerda "non debería facer mella" nas urnas.

"Gustaríanos que os compañeiros de Anova continuasen participando deste proxecto", dixo nunha entrevista na Radio Galega tras a decisión da formación nacionalista de non concorrer coa coalición Común-Unidas Podemos, aínda que mostra o seu "total respecto" a esa decisión.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida | Fonte: Europa Press.

Se ben as conversas encallaran xa nun inicio ao querer impoñer a Yolanda Díaz como cabeza de lista de Pontevedra -posto que nas últimas xerais correspondía a Anova-, Eva Solla asegura que se sentaron "sen ningún tipo de apriorismo nesa mesa". Así, sostén que "desde o principio" defendían que Yolanda Díaz "repetise" como candidata debido ao seu labor "moi importante" no Congreso como deputada pola provincia da Coruña durante esta última lexislatura. Respecto diso, defende que vaia nos lista deputados dos que "xa se coñece" o seu traballo "no últimos catro anos".

Sobre o modo en que concorrerán ás autonómicas do próximo ano, Eva Solla sostén que "queda moito tempo", polo que pide "darse unha marxe" para centrarse por agora nas xerais e municipais. Así, xa "despois do verán empezar a traballar" no "debate contorna ás autonómicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

10 Gon Than

Izquierda Undida é como un coprolito. Xa non é nada, nin cumpre unha función pero segue aí para a historia e para os paleontólogos...

9 Per

Concordo con Gamela

8 paletismo ilustrado¡¡¡¡

No, si lo estáis haciendo de coña para que siga gobernando la derecha... ya se ve que lo que importa es seguir chupando del bote, esté en pontevedra ou nas illas cies... sodes uns impresentables pero a cidadanía galega ainda o somos máis...patético...logo vos preguntades por qué goberna o pp

7 Marta dos Polos

Yoli Diaz de número 1 por Pontevedra!. Aposta errónea de Podemos. Galicia é "terra quemada"para está política que conta no se currículum con moitos cadáveres, traicións, conspiración e demáis prácticas propias do que eles chamanes "a casta"e a "vella política . Non vai acadar escano . Eso espero polo ben de todos e todas.

6 Gamela

Suscribo punto por punto o comentario de "sermos mantidos" ! Por iso esta trepa dí que electoralmente non lles vai facer pupa a abstinencia de Anova! Teñen ben controlado o sistema D¨Hondt e saben que os restos agora xa non os van defenestrar grazas aos votantes de PodemosGalicia! Unha operación de alta política : meter a EU de cabalo de troia para quedarse cos cargos grazas aos votantes incautos de PodemosGalicia !!! Ogallá se estrellen conta as urnas !!! (pero leva razón a señorita dos 96.000 €uros!) Deus que parvos somos! Non haberá un voto-bomba que os Bote Fóra de Vez ?