Esquerda Unida non cre que a división de forzas rupturistas supoña un gran castigo nas urnas

Preguntada acerca de se a escolla de Yolanda Díaz como cabeza de lista de Pontevedra foi a clave para que Anova rompera negociacións, Eva Solla asegura: "Sentámonos sen ningún tipo de apriorismo nesa mesa"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

Logo da confirmación de que Anova non concorrerá ás xerais ao romper as negociacións con Esquerda Unida e Podemos, a coordinadora nacional de EU, Eva Solla, cre que a división da esquerda "non debería facer mella" nas urnas.

"Gustaríanos que os compañeiros de Anova continuasen participando deste proxecto", dixo nunha entrevista na Radio Galega tras a decisión da formación nacionalista de non concorrer coa coalición Común-Unidas Podemos, aínda que mostra o seu "total respecto" a esa decisión.

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida | Fonte: Europa Press.

Se ben as conversas encallaran xa nun inicio ao querer impoñer a Yolanda Díaz como cabeza de lista de Pontevedra -posto que nas últimas xerais correspondía a Anova-, Eva Solla asegura que se sentaron "sen ningún tipo de apriorismo nesa mesa". Así, sostén que "desde o principio" defendían que Yolanda Díaz "repetise" como candidata debido ao seu labor "moi importante" no Congreso como deputada pola provincia da Coruña durante esta última lexislatura. Respecto diso, defende que vaia nos lista deputados dos que "xa se coñece" o seu traballo "no últimos catro anos".

Sobre o modo en que concorrerán ás autonómicas do próximo ano, Eva Solla sostén que "queda moito tempo", polo que pide "darse unha marxe" para centrarse por agora nas xerais e municipais. Así, xa "despois do verán empezar a traballar" no "debate contorna ás autonómicas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 Sihosi

Moito criticar os chanchullos da dereita, pero o de rirse da xente da circunscrición pontevedresa colocándolles unha paracaidista para ver se así amarra a poltrona... Canto cinismo os da autonomeada "Unidad popular"

1 Bernal Calvo Delaciga

Pero a Ana Poltrona, sendo de Lugo, pode presentarse pola Coruña, Viva, viva!

2 Xanc

Ana Pontón vive en Compostela dende fai 25 anos, leva máis de media vida alí. Yolanda En Común non ten nada por Pontevedra e ademáis vai para asegurar o cargo no Parlamento Español. Sabémolo todos! É lexítimo, non pasa nada. Mais agora xa sabemos os obxectivos da “nova política” de Podemos-Yolanda En Común: os cargos e a moqueta.

3 Fer

O autonomeado Comunista Independentista, LKI, Bernal Calvo Delaciga e outros nicks, pasouse da FPG ao PCE! Agora pódese ser arredista e soberanista galego, agacharse ao cunerismo por Pontevedra mentres obedeces o dictado de Ferrol ou de Madrid? Pronto se destapan os servos dos partidos españolistas que se facían pasar por galegos ultra rupturistas e súper independentistas! Bon proveito en público. Agora xa podes saír do armario!

4 antón de guizán

Que Eva Solla apure o que lle queda no Parlamento Galego. Despois terá que incluirse nas listas do Sergas, para traballar cando a chamen

3 A come-lo caldo

Nunca tan pocas chuparon tanto. Grazas, criadas de Anova, moitas grazas por colocar a toda esta purrela de mangantes.

2 sermos mantidos

O negocio nunca foi mellor para Eva Solla, Yolanda Díaz, Vanesa Angustias, Rubén Pérez, Jorge Suárez... O PcE sabe colocar e os seus saben chupar (véxase o caso dos supostos 'conunistas' nas tarjetas black de Cajamadrid). Grazas ao Beiras, ao Antón Santos, a Martiño Noriega e a Xulio Ferreiro. Sen os colaboradores, hoxe rexeitados, non serían nada. E parabéns a Yolanda, ela pode: senón hai seguridade para chupar como depurada pola súa Coruña natal, preséntana por Pontevedra, ou por Madrid (de tercera, aspiraban recolocala) para seguir chupando. E estes son os 'comunistas' que se liberan de traballar coa política profesional!!!

1 Gaiker

Seguro que a culpa é de todos menos do binomio PSOE-BNG. O feito de que o binomio PSOE-BNG defraudaran co bipartito e deixaran o espazo de esquerda baleiro non tivo nada que ver en que Anova/EU entraran no Parlamentiño. Seguro que si.

2 sermos mantidos

O binomio PsoE-BNG non é o que sostén as 'alcaldías do cambio'? Logo, tan malevados na competencia como próximos no negocio da política profesional e clientelar. Certo que a fraude do bipartito sistémico facilitou a mamadurria do postureo. Agora ben, os cómplices directos de colocar no negocio ao PcE en terras galegas foron a FPG e ANOVA. E claro que non había contradicións: todos erades super comunistas e moi nacionalistas, verdade? Sobre todo mentres podíades repartir as mamadeiras!

1 Violeta 4

96.000 euros trica al año la elementa de la foto. Muy proletario sueldo, que sale del dinero de los demás a los que se les quita de manera cohercitiva.