A exposición 'Alba de Gloria' pecha as súas portas este domingo

A mostra recrea con realidade virtual o último discurso pronunciado por Castelao

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/03/2019 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

A mostra do Consello da Cultura Galega 'Alba de Gloria', que recrea o último discurso de Castelao, pecha as súas portas este domingo en Santiago de Compostela.

Este discurso foi o último que o ilustre galeguista pronunciou en vida e que este ano cumpre o seu 70 aniversario. Protagonizou esta exposición do Consello da Cultura Galega, na que se fixo unha aproximación co emprego de novas ferramentas, entre elas unha reconstrución con realidade virtual.

Foi o 25 de xullo de 1948, Día de Galicia, cando Castelao pronunciou en Buenos Aires a 'Alba de Gloria' nunha intervención multitudinaria na que recompilaba unha 'santa compaña' de 65 personaxes ilustres da historia galega como Prisciliano ou Alfredo Brañas e lanzaba unha mensaxe de esperanza e de futuro.

Por esta exposición en San Domingos de Bonaval pasaron máis de 2.500 escolares dun centenar de centros de toda Galicia, nunhas visitas didácticas duns 45 minutos de duración.

Ata este domingo o visitante poderá votar ao novo personaxe galego que cre falta nesa lista de ilustre, entre uns 250 nomes da política, a cultura e a sociedade propostos.

O Consello da Cultura prorroga ata o 17 de marzo a exposición 'Alba de Glor. EUROPA PRESS - Arquivo
O Consello da Cultura prorroga ata o 17 de marzo a exposición 'Alba de Glor. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta