Extinguido un incendio que queimou 85 hectáreas en Ourense

O lume, que se iniciou no concello de Vilariño de Conso con varios focos pasadas as catro da tarde, quedou totalmente apagado ás once da noite

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2019 | Actualizada ás 10:57

Comparte esta noticia

O incendio forestal que se iniciou con múltiples focos simultáneos na tarde deste sábado no concello ourensán de Vilariño de Conso quedou finalmente extinguido pola noite, tras afectar a unha superficie de 85 hectáreas de monte raso.

Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume, na parroquia de Sabuguido, comezara ás 16,20 horas e quedou extinguido ás 22,51.

A medición de hectáreas queimadas é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Na extinción do incendio traballaron 4 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas e 7 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Incendio forestal
Incendio forestal | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta