CxG critica duramente ao BNG por pedir un debate televisivo das Xerais sen contar con outras forzas

Os galeguistas acusan ao Bloque de "excluíntes" e lembranlle que, coma eles, non teñen representación en Madrid.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 18/03/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

"Non é medio normal o comportamento do BNG, se cada vez que temos que organizar debates televisados temos que entrar nestas discusións. Cada un ten os seus argumentos, o que non poden ser é excluintes como fai o BNG nesta ocasión e xa ten feito en anteriores". É a contundente resposta de Compromiso por Galicia ao debate televisivo proposto polo BNG para as Xerais.

O cabreo de CxG está sustentado en que o Bloque reclama un debate con PP, En Marea e PSdeG sen ter representación no Congreso. Por iso, os galeguistas piden que se quere celebrar ese debate teña en conta a outras formacións que, como o propio Bloque, non teñen deputados en Madrid.

Segundo CxG, esta petición non fai máis do que por en relevo o "discurso do nacionalismo excluinte do BNG, do nacionalismo orgánico que defende o BNG e que entende a sociedade galega en base a unha concepción monolítica e unitaria"., tiran para fora a pluralidade da nosa sociedade.

"Non poden arrogarse a representatividade de Galicia desde o BNG, que é o que levan tentando facer toda a vida, pero unha cousa é ben certa, existe máis Galicia alén do BNG; e esa é unha Galicia mellor", asegura o secretario xeral, Juan Carlos Piñeiro.

Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia
Juan Carlos Piñeiro, no seu discurso de investidura como secretario xeral de Compromiso por Galicia | Fonte: CxG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 En bascuas

Pero este da foto non era do PSOE? E por que quere excluír á súa excisión de Terra Galega que ten máis militantes e cargos ca el?

1 Xanc

Señor de barba, aprenda algo de Cuíña e axude a tender pontes. Esas prácticas que vostede critica debeu de aprendelas cando vostede militaba no PSOE, non? O seu partido, clásico e de dereitas (pactos continuos co PNV) non ten sitio nin implantación en Galicia. Ollo! Ogallá o tivera. Pero teñen vostedes moito lastre a bordo. Ogallá Cuíña se poña ao mando e cree un partido nacionalista de centro-esquerda. Mentras mande vostede e Bascuas non van a ningures. De feito, na nota de prensa xa se nota a rabia de Bascuas co BNG.