O BNG propón modificar os orzamentos da Xunta para dispor de 223 millóns de euros máis para atención primaria

Pontón ironiza con que Feijóo ten "celos" dos "venres sociais" de Sánchez e creou "os xoves propagandísticos"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 14:21

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, avanzou que o grupo nacionlista no Parlamento de Galicia presentará unha proposta de modificación da lei de orzamentos da Xunta para este ano coa intención de crear un "plan extraordinario" para a atención primaria no Sergas dotado con 223 millóns de euros extra.

Pontón, nunha rolda de prensa celebrada este luns no Pazo do Hórreo, incidiu en que a sanidade pública atravesa en Galicia "unha situación límite" motivada por "o dez anos de recortes e privatizacións" impulsados polo Partido Popular desde o Goberno galego que deixaron unha "focha" no Sergas e que "se cebou especialmente coa atención primaria".

Así, a líder frontista censura que Feijóo se escude na falta de capacidade económica da Administración económica para facer fronte ao "clamor" da sociedade contra a política sanitaria da Xunta que, segundo Pontón, derivou en "unha revolta" por parte de pacientes e profesionais.

"É falso que Feijóo non poida destinar máis diñeiro a sanidade sen ter que pedir a Madrid", aseverou en referencia á reclamación efectuada polo mandatario autonómico a pasada semana, cando solicitou publicamente ao Ministerio de Facenda que permita á Xunta destinar o superávit da comunidade a gasto social.

Ponton A Feixoo: Sanidade Precisa Cartos Non Cartas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Ponton A Feixoo: Sanidade Precisa Cartos Non Cartas. BLOQUE NACIONALISTA GALEGO | Fonte: Europa Press

Nesta liña, tras cualificar de "travestismo político" o xiro na actitude do PPdeG desde a saída de Mariano Rajoy, Pontón ironizou con que o presidente galego sofre "un ataque de celos" cos "venres sociais" do Goberno de Pedro Sánchez e en resposta, como "artimaña preelectoral", realiza "os xoves propagandísticos de Feijóo" a través do Consello da Xunta, que se reúne o cuarto día da semana.

"Os problemas dos galegos non se solucionan con propaganda ou con diñeiro para pór carteis nos hospitais", insistiu Ana Pontón, que censura que o líder dos populares galegas "pense que pode cambiar o clamor da sociedade en favor da sandiad pública con mentiras, manipulación ou cartas ao Ministerio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta