Investigado un veciño de Rianxo por ter 25 cans e 10 cachorros en condicións deplorables

Está acusado dun delito de malos tratos animais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2019 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

A Patrulla de Seprona da Compañía da Garda Civil, en colaboración coa Policía Local de Rianxo, procedeu á investigación dun veciño da mesma localidade como presunto autor dun delito de malos tratos animais por ter máis de 25 cans en condicións "deplorables".

Investigado un veciño de Rianxo (A Coruña) por malos tratos animais por ter máis de. GARDA CIVIL
Investigado un veciño de Rianxo (A Coruña) por malos tratos animais por ter máis de. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos iniciáronse no transcurso dunha inspección rutineira, cando a Garda Civil se decatou de que 25 cans adultos e 10 cachorros "se "atopaban en condicións hixiénico-sanitarias deplorables" con, engade, "síntomas evidentes de delgadez extrema e mesmo nalgúns casos con sarna".

Ademais achouse un can morto, concretou a Benemérita. Ao lugar dos feitos, "sen apenas un anaco de superficie onde non houbesen restos de ouriñes, excrementos e mesmo cachos de reses mortas", tamén acudiu un veterinario para comprobar o estado dos animais. Así, púidose constatar "a escasa atención" cara aos mesmos e que carecían de cartón de vacinación.

Só cinco cans tiñan microchip e "todos posuían abundante parasitación externa", destacan as mesmas fontes. "Descoñécese en que consistía a dieta dos cans, posto que non se atopou penso ou outro tipo de comida adecuada no lugar dos feitos", indica a Benemérita.

Pola cantidade de restos putrefactos doutros animais no chan, "é posible que este fose o tipo de alimentación que inxerisen os cans para subsistir", considera o Instituto Armado.

No mesmo lugar tamén se acharon 18 tenreiros e un cabalo nas "mesmas condicións hixiénico-sanitarias" que os cans, asegurou a Garda Civil.

Os cans quedaron a disposición do Xulgado de Padrón e os tenreiros e o cabalo a disposición da Concellaría de Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta