Aberto o prazo do programa 'Escolas Abertas' para difundir a cultura galega no exterior

O programa busca fomentar a convivencia e estancia de profesores que imparten clases en diferentes entidades galegas no estranxeiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2019 | Actualizada ás 16:03

Comparte esta noticia

A Secretaría Xeral da Emigración abriu o prazo de solictudes para participar no programa 'Escolas Abertas', co que o Executivo autonómico pretende difundir a cultura de Galicia no estranxeiro.

A Xunta abre o prazo de solicitudes para participar no programa 'Escolas Ab. XUNTA
A Xunta abre o prazo de solicitudes para participar no programa 'Escolas Ab. XUNTA | Fonte: Europa Press

O prazo de presentación de solicitudes concluirá o 28 de abril. Para poder participar na iniciativa, os interesados teñen que facer chegar a documentación que lles acredite como profesores.

Nesta edición hai 80 prazas, 18 das cales están reservadas para profesores que imparten clases nalgún dos centros situados en Europa.

O programa busca "difundir a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estancia de profesores que imparten clases en diferentes entidades galegas do exterior, que transmitirán a súa experiencia".

O obxectivo da iniciativa é que "a través da instrución e mellora das habilidades dos docentes participantes, se acrecente o interese e a formación de miles de galegos residentes, mesmo nados, fóra de Galicia".

Haberá, entre outros, talleres de especialización en gaita tradicional galega, baile, percusión, canto popular e pandeireta e confección de traxe tradicional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta