Aseguran ter visto en Santiago ao mozo desaparecido en Marín

O mozo, de 21 anos, fora visto por última o pasado sábado.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/03/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

Cristian Vilavedra Lorenzo, o mozo de 21 anos de idade desaparecido o pasado sábado en Marín, foi visto este martes en Santiago de Compostela, segundo aseguran fontes que contactaron con este medio. 

Buscan a un mozo de 21 anos desaparecido en Marín (Pontevedra) desde o pasado. SOS DESAPARECIDOS
Buscan a un mozo de 21 anos desaparecido en Marín (Pontevedra) desde o pasado. SOS DESAPARECIDOS

Segundo a fonte —que foi mestre do mozo—, viuno en Porta Fraxeira arredor das seis da tarde deste martes, en compañía doutro home máis maior ca el. Esta fonte chamou inmediatamente ao teléfono de contacto ofrecido por SOS Desaparecidos para dar conta disto. 

O mozo permanece desaparecido desde o pasado sábado, cando foi visto por última vez na localidade onde reside, Marín (Pontevedra).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta