Novo atropelona Coruña cunha nena e un home feridos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Unha nena de 10 anos e un home de 65 resultaron feridos ao ser atropelados na mañá deste mércores cando cruzaban un paso de peóns na cidade da Coruña.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o atropelo tivo lugar sobre as 9,00 horas deste mércores na rúa Alfredo Vicenti da Coruña. Fontes da Policía Local concretaron a Europa Press que o atropelo por parte dun turismo a estas dúas persoas sucedeu nun paso de peóns "sen semáforo".

Unha ambulancia do 061 levou á menor ao Hospital Materno Infantil e o home de 65 anos foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), ambos os feridos leves, confirmaron as mesmas fontes policiais.

Por outra banda, ás 8,49 horas o 112 recibiu o aviso de que un camión se encaixou cunha furgoneta no quilómetro 134 da AP-9 en Salcedo, no municipio de Pontevedra. Este accidente saldouse cunha persoa ferida.

Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos
Unha persoa cruza un paso de peóns, punto de numerosos atropelos

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta