O PPdeG ataca a BNG e En Marea por criticaren a visita do rei Felipe VI a Galicia

"A axenda tamén a marca agora o monarca xefe do Estado que é capaz de modificar os tempos e horarios do lexislativo" di a parlamentaria do BNG, Olalla Rodil.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 20/03/2019 | Actualizada ás 16:12

Comparte esta noticia

A visita do rei Felipe VI a Galicia para participar na celebración do Día dos Bosques tivo eco nos corredores do Pazo do Hórreo, sede do Parlamento galego, onde este mércores tivo que adiantarse a reunión da xunta de portavoces para que o presidente da Cámara, Miguel Anxo Santalices, puidese acudir aos actos que tiñan lugar ás 11,00 horas da mañá na localidade de Sergude, situada no municipio de Boqueixón, limítrofe coa capital galega.

"A axenda tamén a marca agora o monarca xefe do Estado que é capaz de modificar os tempos e horarios do lexislativo", indicou a deputada do BNG Olalla Rodil, a primeira en comparecer ante os medios para informar os asuntos tratados na xunta de portavoces. Minutos despois, o portavoz de En Marea, Luís Villares, sumábase ás críticas polos cambios introducidos nas rutinas da Cámara pola visita do xefe de Estado á Comunidade.

O maxistrado deu as "grazas" aos medios que seguían a rolda de prensa por "asistir aos eventos importantes". "Son os dos que representamos a soberanía popular, os que tentamos cambiar a vida da xente, ás veces con erros e outras con acertos, pero someténdonos ao mandato popular", apuntou. "Non como outros que veñen plantar un piñeiro e aí acaba o seu compromiso co medio ambiente, co estado social e coa democracia", engadiu o portavoz de En Marea en referencia á visita de Felipe VI ao Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón.

Despois de que o portavoz do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quitase ferro ao cambio na axenda e lembrase que a modificación da hora "foi acordada por consenso"; o último en tomar a palabra foi o viceportavoz do grupo maioritario, o popular Miguel Tellado, que cualificou de "moi boa noticia" a visita do monarca á comunidade.

Así, o tamén secretario xeral do PPdeG indicou que "é normal" que o presidente do Lexislativo galego teña que modificar a súa axenda para asistir a un acto co xefe do Estado, xa que acode "en representación de todos os galegos". "Mágoa que para o BNG (o rei) non mereza o respecto que para o conxunto dos galegos si merece", incidiu Tellado, que engadiu que o BNG está "na caverna máis pequena de Galicia e por iso cada vez son menos".

Pleno Do Parlamento De Galicia
Pleno Do Parlamento De Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Saviñao

O do PP é o normal, identifícanse cun rei que funciona na súa liña de ética (os borbóns e os seus seareiros e imitadores admiradores de Suiza e o Vaticano). O do Psoedeg xa é máis patético (as súas famosas "hondas convicciones republicanas"). Os mareados agora van de malotes presumindo o tremendo baixón nas vindeiras convocatorias electorais (xa non enganan nin aos da súa casa). O único representante da dignidade galega é o BNG.

1 Diomondi

Dignidade galega no BNG? Si, ho, si... Por iso acoden aos banquetes de La Coz de Malicia agachándose ante o mesmo Borbón, aplauden a rabear ao amo da manipulación de ganchete co Feixoo, e comparten co felón Barreiro Rivas e co ultra Blanco Valdés. A dignidade do BNG xa foi. Todo pola pasta dos colocados, o clientelismo das deputacións, as empresas amigas e ser marca blanca do PsoEspañol son feitos. Por certo, lembras no Saviñao aquel alcalde polo BNG pactando cos de AP?

2 Saviñao

O do BNG próeche, non sí? Normal, os PPSOENMAREANOVADOSetcs vistes o traballo e a liña dos vosos partidos (máis partidos ca nunca) e vedes agora as vosas leas e caos e claro, fervedes ao ver que o BNG é o único partido galego que hai. Nas vindeiras eleccións recolleredes o (non) sementado. Remítome ao traballo desde Amio. Só o BNG sobrevivirá. Ao tempo. Por certo, do Saviñao non sabes nin a capital (o teu comentario denota quintacolumnismo a kms, trol).

3 Diomondi

Acouga bloqueiriño, a min non me incluas no clan dos mareados cainitas, nin nos mafiosos españolizados como o PsoEspañol ao que lle tapades o rabo no BNG. Nas próximas, o BNG terá xusto os mesmos deputados que nas presentes: cero! E a capital do Saviñao non é o teu esquecido Currelos, senón un triste lugar da parroquia de Vilasante, cunha carballeira que foi do Xan de Forcados, que comenza por 'e' de espabilado e remata cun 'n' de nulidade. E o tal alcalde do BNG que pactou coa dereita franquista foi Xosé Manuel Rodríguez Martínez, seguro que o sabías? A dignidade que era...

4 Saviñao

Tes unha lea na cachucha que non mexes por ela, meu. Os de Escairón sabemos do Xosé, se cadra ti es máis da liña reconversa dos Iribarne. Chaqueteiros hainos en todos os partidos pero se tiramos de hemeroteca o BNG é o máis limpo con diferenza. Vota en blanco, galego virxinal, porque outra opción non tes nin terás (ou CxG? :-D)

1 Galeguiña

Pois claro que sí. O "lexislativo" galego ten que se amoldar á visita do noso Rei, que para iso é o Rei todos os españois, condción da que se sinten orgullosos a meirande parte dos galegos. A ver si agora, Felipe VI ten que agardar a que as "súas señorías" do Bloque rematen de falar sobre as irmandades da fala ou cousas semellantes. Ademáis, para a maioría de nós, a visita do Rei de España é unha ocasión especial, de ledicia e satisfación, polo que sempre será benvido á nosa comunidade.

1 Sentidiño

He he, qué engraçado!: 《Como presidente que son desta comunidade de veciños, éncheme de ledicia e satisfacción...》