Esquerda Unida puxo a Yolanda Díaz no número un por Pontevedra "para garantir a continuidade do seu traballo"

A coordinadora nacional de EU, Eva Solla, asegurou que o acordo asinado en Galicia entre EU, Podemos e Equo é "diferente" ao subscrito a nivel estatal "con independencia de que os actores se repitan".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 19:34

Comparte esta noticia

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, defendeu que a decisión de mover á ferrolá Yolanda Díaz para situala como número uno da colación En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra foi "para garantir a continuidade do seu traballo" no Congreso.

Así o indicou nunha entrevista na TVG este mércores na que a tamén deputada de En Marea insistiu en que a ruptura de Esquerda Unida co partido instrumental debeuse á conversión destes últimos en "un partido clásico, cunha dirección propia que elixe os seus candidatos".

Esquerda Unida concorre ás eleccións do 28 de abril baixo a coalición En Común-Unidas Podemos, onde participa xunto a Equo e Podemos no que supón a translación do pacto estatal das tres forzas despois de que fracasasen as negociacións para a incorporación á candidatura de Anova, que decidiu finalmente non presentarse ás xerais.

Tras afirmar que respecta a decisión adoptada pola forza nacionalista, Eva Solla asegurou que o acordo asinado en Galicia entre EU, Podemos e Equo é "diferente" ao subscrito a nivel estatal "con independencia de que os actores se repitan". "O acordo de Galicia asinouse de maneira específica", subliñou.

A coalición estará encabezada por Antón Gómez-Reino e Yolanda Díaz polas provincias da Coruña e Pontevedra, circunscricións que maiores opcións presentan para En Común de cara a facerse con representación no Congreso.

O número un por Pontevedra foi, precisamente, un dos principais puntos que fixeron naufragar as negociacións con Anova, xa que foron os nacionalistas quen ocuparon o posto de saída pola provincia pontevedresa na coalición En Marea para as xerais de 2015 e a súa repetición en xuño de 2016.

"Situar a Yolanda Díaz por Pontevedra foi para reconecer o seu traballo no Congreso a favor dos intereses de Galicia e para garantir a continuidade do seu traballo. Non é unha defensa individual de cada persoa, Yolanda Díaz, Antón Gómez-Reino, senón do seu traballo. Estamos contentas coa defensa que se fixo dos sectores produtivos do país, do debate que houbo", aseverou Solla.

DIVISIÓN

Por outra banda, Eva Solla cre que a división na confluencia galega que se explicita nestas eleccións xerais "non é unha sorpresa". "Pecamos de pensar que todo o mundo ía comprender a necesidade da pluralidade do espazo. Aos poucos esa estrutura (En Marea) foi absorbida por persoas que crían na construción dun partido independente", incidiu. "Xa comentaramos nalgunha ocasión que as organizacións políticas estabamos excluídas dese partido instrumental de En Marea, que no seu momento creamos como unha ferramenta para as autonómicas (de 2016)", subliñou.

A continuación, manifestou que Esquerda Unida, tras case dous anos nos que renegou da vida orgánica de En Marea, decidiu a finais do pasado ano facer "un traballo importante" para participar nas primarias para renovar a dirección. "Excluír e, por tanto, nós continuamos adiante con independencia do que o partido de En Marea", resolveu a deputada, que afirma que os parlamentarios tentan "levar o mellor posible as diferenzas" que manteñen "no campo político".

Eva Solla. EUROPA PRESS - Arquivo
Eva Solla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Celia

Quen a puxo foi Irene Montero xa que IU non pintan nada

1 Gamela

Irene Montero militou dende 2004-14 en IU (polo tanto os que non pintan nada son os votantes de UnidasPodemos!) https://es.wikipedia.org/wiki/Irene...

4 anonimo

Efectivamente, o traballo que fixo Yolanda Díaz no debate dos Presupostos Estatais merecería unha recompensa, pero non có escano por Pontevedra, se non nos Mestre Mateo...

3 Gamela

Esta "señora" vai seguir chupando do teto ata 2020 e mentras seguen "colocándose" grazas aos votantes de PodemosGalicia !!! A miseria desta esquerda de salón debera ser rexeitada nas urnas! https://i.gal/gamela05

2 Xosé Varela

Efectivamente la puso de numero uno para garantizar la continuidad de su trabajo al servicio de España.....qué tal si se va a Soria o a Medina del Campo...o a Benavente o algo así...Defenderá mejor a su País que en una colonia

1 Xanc

Vaia rostro teñen! Eles que elixen a dedo os candidatos. Elas que van en coalición... Moi moderno o de ir en coalición haha. Xa foron en coalición con Abel Caballero no 97 e levaron un h.stión bo. Mirade hemeroteca.

1 Gustavo

No 97 en coalición co Psoe foi Anxo Guerreiro, escindido de Esquerda Unida. Non é por defender a EU, pero en coalición foi Guerreiro con Esquerda de Galicia, escisión de IU/EU. Ao carón de Guerreiro, colocado como "asesor" na lexislatura foi...Xoan Hermida, que agora está con Villares. A historia é a que é, non inventemos.