A Xunta e varias institucións perfilarán a futura Lei de Museos de Galicia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicou que a lei impulsará a planificación estratéxica e a cooperación para converter os museos galegos nun recurso cultural e económico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2019 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, reuníronse este mércores con representantes de 30 institucións de Galicia para avanzarlles o inicio do proceso de elaboración da Lei de Museos da Comunidade. Segundo informa a Xunta, o Centro Galego de Arte Contemporánea acolleu este encontro de traballo, que serviu para establecer unha toma de contacto co sector museístico.

Unha trintena de institucións culturais de toda Galicia participaron nesta reunión na que se lles solicitou a participación e escoitáronse as primeiras achegas técnicas dos profesionais involucrados nas actividades museísticas. Neste caso, trátase de conseguir un proceso participativo e transparente, escoitando as opinións e achegas de todos os integrantes deste sector.

O obxectivo da nova lei, tal e como explicou o conselleiro, será impulsar a planificación estratéxica e a cooperación para converter os museos galegos nun recurso cultural e económico máis eficiente e adaptado aos tempos. O texto, que deberá definir as funcións, liñas de acción relativas á xestión e o fomento, e establecer os deberes dos centros museísticos galegos na súa ampla casuística, pretende quedar consolidado como lei antes de que finalice 2019.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta