Adolfo Domínguez presume de roupa galega "100 X 100" tras o ERE

Anuncia a primeira colección confeccionada ao 100% en Galicia en 20 anos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2019 | Actualizada ás 11:32

Comparte esta noticia

Adolfo Domínguez anunciou este xoves que lanza ao mercado a primeira colección completa de pezas confeccionada ao 100% nos seus talleres de sastrería de Galicia. Segundo informa a empresa, trátase de 'Limited Edition', unha colección limitada de 450 unidades que revisita desde unha perspectiva de 2019 pezas icónicas da marca de autor.

Ourense, 111018. Departamento Deseño Adolfo Dominguez
Ourense, 111018. Departamento Deseño Adolfo Dominguez | Fonte: Europa Press

Un anuncio que chega tras o inicio do sanemamento económico da firma e un ERE que supuxo o despido de máis dun cento de traballadores en Galicia.

O lanzamento chega tras unha primeira proba coa confección dunha selección de pezas realizada o pasado mes de setembro. A 'Limited Edition' será a primeira dunha serie de coleccións limitadas que a compañía galega producirá integramente na súa atelier de sastrería en San Cibrao das Viñas (Ourense), que non confeccionaba coleccións completas desde hai 20 anos.

A edición limitada presenta todo tipo de pezas en tecidos de alta calidade, con deseño 'gender fluíde', sen enfoque de xénero. A colección está dispoñible desde este xoves na tenda en liña da firma, nas súas flagships de Madrid e Barcelona e na súa tenda de Ourense (nesta última, a colección estará dispoñible desde o luns 25 de marzo).

"Nacemos como unha sastrería e no fondo nunca deixamos de selo. Esta colección é unha actualización do noso espírito, unha revisión da nosa herdanza e que reivindica a alma de moda de autor de Adolfo Domínguez", explica a directora de Produto do grupo, Ángela García.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta