Malestar no nacionalismo polo apoio "non disimulado" de La Voz ao Bloque

Vellos dirixentes nacionalistas apuntan que a estratexia do xornal coruñés é seguir dividindo e erosionar unha nova unidade popular do nacionalismo galego entre a UPG -o partido hexemónico no Bloque-, En Marea, Compromiso por Galicia e Anova.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/03/2019 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

"Militantes de Anova desertan y se pasan al Bloque". Este titular co que abre este xoves a sección de política de La Voz de Galicia causou un forte impacto entre veteranos nacionalistas, algúns en activo e outros xa fóra da política, pero co denominador común de ter militado no Bloque.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

De feito, esta noticia está sendo amplamente comentada en distintos grupos de whatssap e moitos dos comentarios apuntan á intencionalidade dunha noticia que ten coma fin "erosionar a unidade do nacionalismo". De feito, lembran como antes de Amio, foi este xornal o que "máis axudou" a fragmentar o nacionalismo.

Algúns veteranos dirixentes nacionalistas apuntan a GC o momento no que chega este tipo de noticias. "Baixas de militantes de Anova xa se levaban dando desde hai tempo", indican. "E son moi poucos os que, supostamente, formalizaron a súa alta no BNG", engaden. "Por que La Voz no falou ou fala dos militantes do PP que marchan para Ciudadanos?", asegura un ex parlamentario co BNG. "Primeiro dinamitaron En Marea e agora queren dinamitar unha posible unión do nacionalismo para seguir mangoneando na UPG", engade.

Outro cre que "La Voz semella apostar polo BNG para destruír o máis posíbel a UP -Unidade Popular- ", en alusión a unha posible e hipotética unidade entre En Marea, o BNG, CxG e Anova. Hai quen vai máis alá e apunta a unha nova estratexia do xornal coruñés por "erosionar a Xulio e Martiño", en alusión aos rexedores da Coruña e Santiago, que non teñen disimulado as súas ideas nacionalistas.

MÁIS APOIOS AO BNG

Non é a primeira vez que La Voz sae en defensa do BNG. De feito, varios dos seus articulistas teñen loado en varias ocasións a figura de Ana Pontón. Tamén é habitual, desde hai anos, a presenza do BNG nos premios Fernández Latorre, mesmo cando a eles acudiu o monarca español. Na última edición acudiron a propia Pontón, o rexedor de Pontevedra e Miguel Anxo Fernández Lores.

Curiosamente, este xornal, extremadamente crítico co procés catalán e cos independentistas, foi moi coidadoso nas súas informacións sobre os acordos aos que o Bloque ten chegado con ERC e con Bildu para ás eleccións europeas, e mesmo a oferta de Otegui para unha coalición ás Xerais.

A única ocasión na que se puideron entrever críticas deste medio ao Bloque e a súa dirixente foi cando este acusou a Feijóo de ter actitudes machistas. Foi entón cando publicou varios artigos críticos con Ana Pontón e mesmo utilizou a vellas dirixentes históricas do Bloque, como Pilar García Negro, para que lle chegara o recado á dirección nacionalista. "Está claro que La Voz utiliza ao Bloque como parvos útiles e para branquear ao partido do que comen", din fontes consultadas en alusión ao PP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

9 Cansada

Vergoñento o do Bloque sendo a man dereita destes manipuladores. Racharon o nacionalismo no bipartito, mangoneraron para rachalo en Amio e agora seguen para que quede reducido a nada. Se no Bloque tiveran sentidiño puñan as cousas claras, pero non, a Pontón, A Bieito, a Néstor, a todos lles encanta o baboseo de La Voz. Conmigo non contedes para nada. Mentrez a Coz vos apoie, comigo, NON.

8 pesdelám

A min paréceme que quen máis fai pola desunión do nacionalismo non é precisamente a voz, senón este artigo claramente intencionado contra unha parte dese nacionalismo e algúns comentarios que en pouco ou nada axudan á famosa unidade...

7 Argonauta

Pretender que "La Coz" pode manipular-nos aos Nacionalistas e ás Nosas Preclaras Mentes e dar por feito que somos uns Mononeuronais de Moito Carabillo...

6 Fran Correa

Pilar e La Voz de su Amo coruñesista e españolista. E a súa irmá María do Carmo colaborando en castelán co viguismo pescantín dunha rica familia depredadora. Un olé por Lores e a Fiesta Nacional subvencionada, co españolazo Bertín Osborne e a ultra Alaska protagonistas grazas a Da Silva. Ana vai bailar co Borbón, familia que o alcaldiño de Ribadeo quería 'agasajar' (sic, caso pequeno Nicolás). Aquel Severino de Monforte que dedica avenidas a Don Manuel, que coloca pantallas para ver La Roja (en Moaña, a alcaldesa, tamén), e inaugura fontes para celebrar os goles de España... Co BNG o españolismo está a salvo, La Voz sabe a quen apoia! E cos mareados tampouco periga, están domesticados polo PcEspañol e as súas marcas brancas (Izquierda Unida, Podemos, ANOVA).

5 lóstrego

Se tomamos a ese xornal de manipulación, como referencia informativa nacional; entón imos mal.